IX Premios EDUCA ABANCA - Mellor docente de España 2025, en A Coruña
A Gala dos IX Premios EDUCA ABANCA premiou, nesta edición, a Mari Carmen Sáez Moreno, profesora no CEIP Cristo del Valle (Fuentealbilla) na categoría de Educación Infantil; a Ricardo Acosta Alonso, mestre no CEIP La Vega (Icod de los Vinos), na categoría de Educación Primaria; a Fina Paulos Lareo, profesora no IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas), no apartado de Educación Secundaria; a Óscar Manuel Rey Calo, docente no IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas) , recoñecido na categoría de Formación Profesional; a Mireia Portero Aylagas, docente nos centros Innovación e Desarrollo (San Cugat del Vallés), que se alzou co premio na categoría de Educación Non Formal; e por último, a Paula Hernández Dionis, profesora na Universidade da Laguna (Santa Cruz de Tenerife), na categoría de Universidade. A gala de entrega tivo lugar o pasado 31 de xaneiro de 2026 na Coruña.
Ademais das citadas categorías, a Mención Honorífica recoñeceu a traxectoria docente dunha persoa xa retirada ou falecida, neste caso, o Comité de Baremación de Méritos determinou que o gañador desta categoría fose Jose Luis Marín Carbonell, docente falecido na traxedia da DINA do mes de outubro de 2024 e fundador dos Colexios século XXI de Valencia.
Os gañadores e as gañadoras obtiveron unha figura, ademais dun premio económico de 1000 euros. Os restantes finalistas e o gañador da mención honorífica obtiveron unha figura conmemorativa EDUCA.
Está xa aberto o prazo para presentar candidatura aos IX Premios EDUCA ABANCA. Calquera alumno ou alumna pode presentar ao certame a un ou varios docentes que imparta docencia durante o curso 2025/2026 e que admire pola súa boa praxe, a través do formulario dispoñible na páxina web www.plataformaeduca.org. No caso das etapas de educación Infantil e Primaria serán as familias quen deban realizar as propostas.
Os Premios Educa ABANCA buscan mellorar a visibilidade da boa práctica docente entre a sociedade e dar voz ao alumnado á hora de recoñecer a docencia que destaque polo seu bo facer. A finalidade da iniciativa, posta en marcha en 2017 pola plataforma educativa, é enxalzar a figura docente, a súa implicación no proceso de ensino e tamén a importancia do papel que desenvolven estes profesionais na sociedade.
Podes coñecer a listaxe de finalistas en cada unha das seis categorías dos Premios EDUCA ABANCA. Mellor Docente de España 2025 no PDF abaixo.