• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2019

Cultura Teatro Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2019
  • 29-05-2019 10-10-2019 Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2019 Special Olympics Galicia conduce este encontro teatral que irá rotando de maio a outubro polas distintas sedes Afundación Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)//Sede Afundación Pontevedra Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra)//Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)//Auditorio ABANCA Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)


    Sede Afundación Pontevedra

    Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra)


    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)


    Auditorio ABANCA

    Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    Maio a outubro 2019

  • Horario:

    18.00 h (Santiago e Vigo)

    19.00 h (A Coruña e Pontevedra)

  • Entrada:

    Gratuíta
Mercar

A finais de maio arranca o Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2019, e irá rotando polas nosas sedes ata o mes de outubro. Diferentes colectivos traerán as súas obras de teatro para amosar as capacidades de persoas con discapacidade intelectual. 
 
A Fundación ADCOR será a encargada de inaugurar este festival o próximo 29 de maio no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, onde ofrecerán a representación da obra Asterix y Obelix. A proposta continuará no Teatro Afundación de Vigo o 12 de xuño da man de ACEESCA, quen interpretarán A tía Lambida, unha volta tola de todo e eu quixera ser...
No mes de setembro, o día 25, será PRODEME quen saia á escena na Sede Afundación da Coruña para representar Un funeral para morrer coa risa. O festival pecha o 10 de outubro co Centro Méndez Núñez na Sede Afundación de Pontevedra con Años con corazón.

 

PROGRAMA

Asterix y Obelix | 29 de maio | Auditorio ABANCA de Santiago | Reservas aquí

A tía Lambida, unha volta tola de todo e eu quixera ser... | 12 de xuño | Teatro Afundación Vigo | Reservas aquí

Un funeral para morrer coa risa | 25 de setembro | Sede Afundación da Coruña | Reservas aquí

Años con corazón | 10 de outubro | Sede Afundación de Pontevedra | Reservas aquí

 

Entrada de balde, previa reserva a través de Ataquilla.com

 

Desde a crenza de que as artes escénicas son un espazo de desenvolvemento persoal e posúen a capacidade de transformar a sociedade, defendemos a necesidade de xerar os contextos e as
condicións para que alguén con talento, capacidades e entusiasmo, poida ser parte activa da representación escénica. A complicidade de toda a sociedade é necesaria para que as persoas que se atopan en situación de desigualdade sintan a forza necesaria que as empuxe a perseverar na consecución do seu empoderamento e sortear así as numerosas dificultades con que se atopan no seu día a día.


Desde Afundación, a Obra Social ABANCA, apoiamos as iniciativas que promoven a arte como elemento de inclusión. Ademais de acollermos numerosas iniciativas de entidades que traballan para reducir a fenda social, promovemos e adaptamos os nosos programas didácticos ás capacidades de cada persoa, axudando na eliminación de barreiras que impiden o acceso de todas as persoas á cultura nas mesmas condicións.


Special Olympics Galicia sinala como obxectivo xeral a inserción social do colectivo de persoas con discapacidade intelectual mediante a cultura, a práctica deportiva, o lecer e calquera outra
actividade. O fin é integrárense na sociedade con aceptación e respecto, proporcionándolles oportunidades para se converteren en habitantes de pleno dereito. Neste sentido, a representación teatral contribúe en gran medida a acadar a meta exposta. Ademais, favorece unha contorna comunitaria para a participación social das persoas con discapacidade intelectual, fai visible as súas propias capacidades, potencia as habilidades e destrezas para relacionarse, divulga unha imaxe positiva e respectuosa, traballa a memoria e actividade mental e achega a discapacidade a toda a sociedade de maneira natural.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078