• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Faladoiro virtual A VIDA LENTA, con ÓLIVER LAXE e conducido por Aser Álvarez en AfundaciónTV

Cultura Exposicións Xornadas e conferencias Outras Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Faladoiro virtual  A VIDA LENTA, con ÓLIVER LAXE e conducido por Aser Álvarez en AfundaciónTV
  • 14-05-2021 14-05-2021 Faladoiro virtual A VIDA LENTA, con ÓLIVER LAXE e conducido por Aser Álvarez en AfundaciónTV Desde a propia sala de exposicións de Vigo, o recoñecido director do filme "O que arde", vénnos falar sobre a súa visión do rural. AfundaciónTV . Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    AfundaciónTV

    .

  • Datas:

    14 MAI 2021

  • Horario:

    18.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
Apúntate

No vindeiro mes de maio tes uns faladoiros virtuais en Afundación TV co gallo da mostra A VIDA LENTA [+ INFO] e guiados polo seu coordinador, Aser Álvarez.

 

Acompañaranos:

ÓLIVER LAXE | 14 MAI | 18.00 h

Desde a mesma sala onde amosamos a exposición en Vigo, falaranos o recoñecido director de cinema.

Medra entre Francia, España e Marrocos. As súas dúas primeiras longametraxes son premiadas no Festival de Cannes: Todos vós sodes capitáns recibe, entre outros, o Premio da Crítica Internacional na Quinzaine des Réalisateurs en 2010, e Mimosas acada o Gran Premio da Semaine de la Critique en 2016. En 2019 fai historia ao converterse, canda Víctor Erice, no primeiro cineasta español seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras, e no único en ser premiado en todas as súas participacións. O que arde recibe o Premio do Xurado da sección oficial Un Certain Regard de Cannes, o Premio á Mellor Creación Sonora da sección e compite nos festivais internacionais máis importantes da tempada, como San Sebastián, Toronto, Tokio, Londres, Melbourne, Mar del Plata ou Nova York, gañando numerosos premios. O que arde é tamén candidata aos Premios Goya en catro categorías: Mellor Filme, Mellor Director, Mellor Actriz Revelación e Mellor Fotografía, acadando estes dous últimos. Actualmente, Óliver está a traballar nun centro de desenvolvemento rural na aldea lucense onde filmou O que arde, de onde é orixinaria a súa familia. O compromiso que manifesta co rural está a ser un auténtico empurre para moitos proxectos dos Ancares, aos que Óliver deu visibilidade e apoio.

 

Tamén estarán: 

OLGA NOVO e XOANA ALMAR | 26 MAI | 19.00 h
Desde as súas casas, as dúas mulleres falarán sobre a súa necesidade de conectar coa aldea. 
+INFO

 

A VIDA LENTA [+ INFO] é un proxecto que, a través da exposición presencial e das actividades paralelas en liña, pretende divulgar diferentes visións do rural que nos axuden a entendelo desde parámetros contemporáneos, para enriquecer e actualizar o discurso, iconografía e expectativas.


O rural acostuma asociarse, a miúdo univocamente, cos valores da tradición, da humildade, do esforzo e da cultura popular folclórica. A forza desta proposta reside en aprendermos que o rural tamén significa inspiración contemporánea, vangarda, compromiso e fervedoiro de creatividade.


O fío condutor destes dous faladoiros é precisamente o rural, comprobando que a proposta actual baixo este lema é variadísma e denota unha presenza actual crecente, que recollemos con inspiradores representantes de diferentes ámbitos: cinema, poesía e muralismo.


Desde Afundación temos a convicción de que divulgar desde o compromiso coa diversidade é o único xeito de podermos entender o mundo, cada vez máis plural e preciso de maior respecto e empatía. Estes encontros ilustran a diversidade rural, creativa e cultural que atopamos no país.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078