Faladoiro sobre os anos de escola, Espazo +60 Ferrol
O faladoiro do mes de febreiro do Espazo +60 Afundación de Ferrol tratará sobre os anos de escola. Para as persoas maiores revivir a súa experiencia escolar significa achegarse de novo á súa infancia e ao tempo histórico que lles tocou vivir, ás circunstancias materiais de vida e tamén políticas e culturais, nas que se formaron como persoas.
A infancia e a mocidade son etapas cruciais na vida de todas as persoas, son etapas de descubrimento, de formación e de crecemento persoal, nas que se viven experiencias inesquecibles que, por outra parte, conectan coa propia experiencia contemporánea do alumnado.
Se asiste por primeira vez, é obrigatorio anotarse antes do 15 de febreiro.