• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra «Lugrís, paredes soñadas». A Coruña.

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra «Lugrís, paredes soñadas». A Coruña.
  • 31-03-2017 03-09-2017 Mostra «Lugrís, paredes soñadas». A Coruña. Exposición de cento seis obras que repasan o traballo realizado por Urbano Lugrís como decorador de espazos Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    31 de marzo a 3 de setembro de 2017

  • Horario:

    Luns a venres 12.00 a 21.00 h

    Sábados e festivos 10.00 a 21.00 h

    Domingos, 11.00 a 15.00 h

     

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

A Sede Afundación da Coruña acolle, do 31 de marzo ao 3 de setembro, «Lugrís, paredes soñadas», unha exposición que repasa o traballo realizado por Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 - Vigo, 1973) como decorador de espazos, con fondos procedentes da Colección de Arte ABANCA e a Colección de Arte de Afundación, ás que se suman obras doutras importantes coleccións públicas e privadas como as da Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia, o Museo de Pontevedra, a Universidade de Santiago de Compostela ou AECID, entre outras.

Este proxecto expositivo, producido por ABANCA, celebra a restauración realizada pola propia entidade do mural Vista de A Coruña 1669, pintado por Lugrís para decorar o Banco Hispano-Suizo, situado na rúa Real da cidade herculina. Tras meses de intenso traballo de rehabilitación, o mural xa loce no acceso á sede principal do banco, pola rúa Olmos. Con motivo desta restauración, a entidade organiza esta mostra, comisariada por Rubén Ventureira, xornalista e investigador da obra do artista, para reivindicar a figura de Urbano Lugrís dentro da historia da arte galega. 

PRÓXIMAS VISITAS GUIADAS

De balde e sen reserva previa

- Mural restaurado Vista de A Coruña 1669

Punto de encontro: Oficina ABANCA (R/ Olmos, 26)

Xoves 24 de agosto, 18.30 h

Martes 29 de agosto, 18.30 h

Mércores 30 de agosto, 19.00 h

Xoves 31 de agosto, 18.30 h

 

- Exposición «Lugrís, paredes soñadas»

Punto de encontro: Recepción Sede Afundación (Cantón Grande, 8)

Xoves 24 de agosto, 19.30 h

Venres 25 de agosto, 19.00 h

Luns 28 de agosto, 18.30 e 20.00 h

Martes 29 de agosto, 19.30 h

Mércores 30 de agosto, 20.00 h

Xoves 31 de agosto, 19.30 h

Venres 1 de setembro, 19.00 e 20.00 h

Sábado 2 de setembro, 11.30 e 19.30 h

«Lugrís, paredes soñadas» recolle un total de 106 obras, moitas delas nunca exhibidas, coma o esbozo realizado polo artista para a igrexa de San Pedro de Visma (un proxecto que finalmente non levou cabo); o óleo Stella Maris, para a Confraría de Pontedeume; os vidros decorativos dunha celosía deseñados para unha vivenda da Coruña; un gran mural que pintou no Sanatorio Álvarez, en Santiago de Compostela; ou debuxos de letras e doutro tipo que fixo para a revista Vida Gallega.

Entre as obras expostas destacan as realizadas polo pintor para decorar espazos tan variados coma o desaparecido Hotel Embajador (A Coruña), a igrexa de Vilaboa (Culleredo), o Gran Hotel de Vigo ou a fábrica de conservas Massó (Bueu), entre moitas outras. Destaca tamén o Retablo del descubrimiento, un políptico composto por trece táboas procedente do antigo Instituto de Cultura Hispánica de Madrid que hoxe se atopan na sede da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.

Outra das novidades desta exposición é a posibilidade de realizar un tour virtual polas desaparecidas pinturas do retablo da Capela dos Santos Reis de Bueu, un proxecto que o propio Lugrís definiu como a súa «obra integral como artista», xa que el mesmo trazou os planos e deseñou a súa ornamentación. 

A mostra complétase cunha extensa publicación onde se recompila a historia da pintura mural Vista de A Coruña 1669, e se explica con detalle o proceso de restauración. A continuación, ofrécese ampla información de toda a obra mural realizada polo artista e finaliza coa reprodución das obras que conforman a exposición. Podes adquirir este catálogo nos puntos de venda das sedes Afundación ou na tenda online.

Goza da visita virtual

Sala 1


Sala 2


Salas 3 e 4

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078