Exposición MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO en Agalería

Co título MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO, Afundación, a Obra Social de ABANCA presenta unha exposición e un catálogo que nos permitirán realizar unha nova lectura da historia da arte, tomando como punto de referencia as obras creadas por artistas mulleres. A Colección de Arte ABANCA fundamentalmente, xunto a unha serie de obras destacadas da Colección de Arte Afundación e diversas obras convidadas de prestixiosas coleccións públicas e privadas fornecen o proxecto.
Visita esta mostra en Agalería, na web nosa sala de exposicións virtual.
COMISARIOS
David Barro López e Diego Cascón Castro
ARTISTAS
CHECHU ÁLAVA | HELENA ALMEIDA | MÓNICA ALONSO | MARÍA BLANCHARD | LITA CABELLUT | BERTA CÁCCAMO | CARMEN CALVO | ELENA COLMEIRO | MARÍA ANTONIA DANS | PAZ DE LA CALZADA | MARÍA XOSÉ DÍAZ | DESIREE DOLRON | ALMUDENA FERNÁNDEZ | ANA FERNÁNDEZ
HELEN FUNKE | MENCHU LAMAS | MARUJA MALLO | TATIANA MEDAL | JULIA MINGUILLÓN | ANTÍA MOURE | SHIRIN NESHAT | SANDRA NOGUEIRA | GEORGIA O´KEEFE | PAMEN PEREIRA | FIONA RAE | BEA REY | SOLEDAD SEVILLA | ELENA SIGHICELLI | SUSANA SOLANO | SOARES VALESAKA
A Colección de Arte ABANCA posúe entre os seus fondos unha destacada selección de obras dalgunhas das máis recoñecidas artistas desde as vangardas ata o noso presente. Artistas como María Blanchard, Maruja Mallo, Helena Almeida, Cristina Iglesias, Susana Solano ou Pamen Pereira, entre outras moitas, son tan relevantes que nos ofrecen a oportunidade de crear esta exposición que, en certa maneira, reescribe ou nos ofrece unha nova visión da Historia da arte.
Este proxecto expositivo englóbase dentro do compromiso que ABANCA asumiu, a través do seu Programa de Sustentabilidade, como membro desde a súa constitución en 2015 da Rede de Pacto Mundial das Nacións Unidas. As principais iniciativas e logros conseguidos no ámbito dos nosos compromisos co bo goberno, a igualdade de oportunidades, a educación, a cultura e o medio ambiente están en liña cos dez principios do Pacto Mundial e da contribución das metas establecidas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Neste contexto, o deseño da exposición é unha acción de difusión que pertence ás liñas de actuación social sobre o ODS5 Igualdade de xénero, que “manifesta que non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible”.