• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra: «Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Cambados

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra: «Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Cambados
  • 04-07-2019 28-07-2019 Mostra: «Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Cambados Chega en xullo a Cambados esta fascinante selección de imaxes da Galicia dos anos 20, realizada pola artista neoiorquina Ruth Matilda Anderson CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    4 a 28 de xullo 2019

     

    Visita guiada de balde | 4 de xullo | 21.00 h

  • Horario:

    Luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h

    Sábados e festivos de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h

    Domingos 10.30 a 14.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta

A mostra «Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» segue a percorrer a xeografía galega a través do noso proxecto Corrente Cultural, un programa con que pretendemos difundir cultura de calidade polos diferentes municipios e contando coa súa colaboración. Do 4 ao 28 de xullo goza en EXPOSALNÉS (Paseo da Calzada, s/n) da excepcional colección de imaxes sacadas nos anos 20 por diferentes paraxes de Galicia, retratando as nosas xentes, costumes e tradicións, un legado etnográfico de valor incalculable. 

 

Visita guiada de balde o día da inauguración, 4 de xullo, ás 21.00 h

 

En colaboración coa Hispanic Society of America, Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 2017, este proxecto enmárcase dentro do programa Corrente Cultural, unha aposta de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e ABANCA por difundir cultura por todas as comarcas galegas en colaboración cos nosos concellos. Nesta ocasión contamos coa axuda do Concello de Cambados. 

 

ACTIVIDADES ESCOLARES

• Viaxando da man de Antón, o fillo do afiador. Infantil a 3º de primaria
• Pontevedra 1924. Regreso ao pasado. 4º de primaria a 2º de ESO
• Unha mirada de antano. 3º, 4º de ESO, bacharelato e C.F.


De balde

 

EXPOSALNÉS | 4 a 28 de xullo 2019

Paseo da Calzada, s/n | areaeducativa@afundacion.org

 

CATÁLOGO

Ademais, podes gozar da exposición na casa e polo miúdo co catálogo, recoñecido co Premio Paraugas a Mellor Libro de Arte polo Clúster da Comunicación Gráfica. Conta cunha explicación detallada de cada fotografía e achéganos á peculiar figura de Ruth Matilda Anderson. Xa está dispoñible nas tendas físicas de Afundación, que se atopan nas distintas sedes, e na nosa tenda online. 

 

A MOSTRA

En agosto do ano 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York Ruth Matilda Anderson. Nese preciso intre comezaba a tomar forma unha aventura coidadosamente deseñada.

Archer Milton Huntington fundara en 1904 The Hispanic Society of America, museo, biblioteca pública e institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispánico. Huntington determinou que o seu museo incluiría un arquivo fotográfico, considerando a, daquela, incipiente tecnoloxía como ferramenta de traballo para a investigación. Con ese obxectivo adquiriu imaxes e promoveu expedicións. Ningún dos fotógrafos que enviou á península ibérica obtivo mellores resultados que Ruth M. Anderson. Ela realizou en Galicia dúas extensas campañas fotográficas, de 1924 a 1926, acompañada na segunda pola súa colega Frances Spalding, que definiron a metodoloxía fotográfica da Hispanic Society.

O traballo da moza Anderson, dirixido por Huntington, converteuse na procura e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do mar nin a cultura material de Galicia foran obxecto de principal atención para a fotografía de xeito tan exhaustivo.

 

CORRENTE CULTURAL

Unha aposta de ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, para espallar cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

Construíndo un bote, Cambados (Pontevedra), 19 de febreiro de 1926 (6:00 pm, sol). © The Hispanic Society of America
Construíndo un bote, Cambados (Pontevedra), 19 de febreiro de 1926 (6:00 pm, sol). © The Hispanic Society of America
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078