• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición OUTRAS HISTORIAS POSIBLES, en Pontevedra

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición OUTRAS HISTORIAS POSIBLES, en Pontevedra
  • 04-04-2025 31-05-2025 Exposición OUTRAS HISTORIAS POSIBLES, en Pontevedra Poñemos o foco en Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, seis artistas relevantes que achegaron un novo paradigma á arte dos anos 80. Descúbreas na Cidade do Lérez ata o 31 de maio Café Moderno Afundación Pontevedra Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Café Moderno Afundación Pontevedra

    Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra)

  • Datas:

    4 ABR a 31 MAI 2025

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 h
    SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h
    DOMINGOS e FESTIVOS | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

OUTRAS HISTORIAS POSIBLES presenta o traballo de seis destacadas artistas nacidas na década dos 50, con fortes vencellos a Galicia, no persoal coma nas súas carreiras profesionais. Elas son Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, mulleres cunha especial presenza na arte dos 80, grazas á súa innovadora visión. Esta exposición, coorganizada coa Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, explora desde o Café Moderno Afundación Pontevedra as súas creacións e descúbrenos como o seu legado influíu na arte contemporánea, ofrecendo novas perspectivas e reivindicando o seu espazo na historia. Coñece a súa obra nas salas de mostras do noso edificio na cidade do Lérez, do 4 de abril ao 31 de maio de 2025. 

Celebramos o talento, a dedicación e a creatividade destas seis mulleres que deixaron unha pegada imborrable no mundo da arte.

 

VISITA GUIADA INAUGURAL. COMPLETA!

4 ABR | 19.00 h

Reserva entrada Gratuíta!

 

Comisaria | Susana Cendán

 

Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!

 

«Outras historias posibles» chega a Pontevedra no marco do programa de itinerancias da Cidade da Cultura e despois de ser exhibida no Museo Centro Gaiás, onde recibiu máis de 50.000 visitantes. Así, a mostra recolle máis de 50 pezas e 40 documentos entre os que se atopan pinturas, esculturas, xilografías e debuxos que permiten apreciar o devir creativo de cada unha das artistas de maneira individual, sen obviar o contexto social e persoal no que se desenvolveron profesionalmente.

 

Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Branca Silva e Laura Terré non forman parte dun todo xeracional, as súas propostas son esteticamente dispares, algunhas teñen estudos académicos e outras non, e o feito de nacer na mesma década non constitúe ningún intento de unificar a diversidade de obras que se mostran. Máis aló de ofrecer unha listaxe de mulleres artistas baseado na recuperación de nomes, a historia que nos apetece contar mostra realidades que permaneceron ocultas, achegando significados descoñecidos sobre un conxunto de artistas extraordinarias; artistas que aman, paren, sofren, enferman, crían, cociñan, limpan, forman parte de proxectos expositivos, tocan instrumentos musicais, investigan, escriben e len poesía, esculpen, debuxan, pintan, gravan, experimentan e, en definitiva, crean. Para proporcionar unha visión integral das súas respectivas historias, tivemos en conta aspectos que abarcan o cotián, o privado, o que comunmente se adoita silenciar. Pero o que de verdade motivou a articulación deste proxecto foi, sobre todo, CELEBRAR. Compartir o talento dun grupo de artistas capaces de crear unha obra persoal, complexa e diversa, tanto formal como conceptualmente, e situala no lugar que lle corresponde.

 

Tes máis información no folleto que podes descargar embaixo. 

 

DIDÁCTICA

  • INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita-conto con taller | «Creadoras de fantasía»
  • 5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita-investigación con taller | «Descubrindo realidades ocultas»
  • 3º ESO a BACH e C.F. | Visita guiada con taller opcional | «Outras historias posibles»

2 €/participante

Máis información e reservas a través de areaeducativapontevedra@afundacion.org ou no 986 333 210

 

Exposición coorganizada por Afundación e a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

 

Aproveita para visitar a axenda web e decátate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte sobre outras actividades escénicas.

Presentación en Pontevedra 'Outras historias posibles'
Presentación en Pontevedra 'Outras historias posibles'
Folleto 'Outras historias posibles'. GAL, CAS, ENG PDF 613 Kb
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078