Exposición NICOLÁS MULLER EN GALICIA, en Lugo

A Sede Afundación Lugo abre as portas o 22 de outubro para recibir a mostra NICOLÁS MULLER EN GALICIA, en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Fundación Gaiás Cidade da Cultura de Galicia. Unha recuperación e revisión do traballo realizado polo fotógrafo húngaro Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) en Galicia durante a segunda metade do século XX. Un relato que desvela a súa ollada, fondamente humanista, sobre as xentes traballadoras e a beleza das paisaxes de Galicia.
Considerado como un dos grandes fotógrafos documentais do pasado século, Nicolás Muller viaxou coa súa cámara desde o seu país natal, Hungría, ata Francia, Portugal, Marrocos e España, fuxindo da Segunda Guerra Mundial e na procura da paz e da liberdade.
Comisario | JOSÉ FERRERO
Esta mostra encádrase no programa solidario Cultura por Alimentos. Accede cunha doazón de produtos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais.
Máis información
Decontado, máis información.