• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra: «Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo». Pontevedra

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra: «Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo». Pontevedra
  • 27-02-2019 01-06-2019 Mostra: «Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo». Pontevedra Novo proxecto fotográfico de Xosé Abad Café Moderno Afundación Pontevedra Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Café Moderno Afundación Pontevedra

    Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra)

  • Datas:

    27 de febreiro a 1 de xuño 2019

  • Horario:

    Luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h

    Sábados de 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta
Solicitar visita

A finais de febreiro sacamos á luz un novo traballo fotográfico do artista Xosé Abad, «Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo», unha exposición en que o artista amosa mulleres de distintas xeracións, nais e fillas, unhas fronte ás outras, para dar conta dos cambios alentadores que se deron na nosa sociedade en favor delas. Do 27 de febreiro e ata o 1 de xuño poderás descubrir no Café Moderno de Pontevedra este bonito proxecto que aplaude mulleres bravas, as súas traxectorias, esforzos e consecucións no eido laboral e persoal. Abad dá pé ao optimismo, hai moito que camiñar, mais tamén hai un bo treito andado. 

 

Visita guiada inaugural o día 27 de febreiro ás 19.00 h co artista Xosé Abad. Entrada gratuíta ata encher capacidade. Reserva aquí a túa praza. 

 

A MOSTRA

Este traballo expositivo ten como finalidade retratar e presentar dúas imaxes das mulleres ao través de dúas xeracións que, sen estaren moi distanciadas no tempo, reflicten unha diferenza laboral e sobre todo vital. A intención do autor é amosar este salto xeracional no retrato de nais e fillas, dúas xeracións de mulleres cunha relación de afectividade, con vidas diferentes ligadas a traballos moi diferentes, que transcenden do privado e particular ao xenérico e emblemático, converténdose en representantes de dous xeitos de vivir.

 

Cada parella representada aparece en tres fotografías: na primeira podemos ver as nais que responden á imaxe tradicional da muller, en moitos casos ligada ao sector primario e con escasa formación académica, mais con moito traballo e oficio. Nais que, cun grande esforzo, procuraron un futuro distinto para as súas fillas, plasmado nunha forma de vida e en oportunidades que elas non tiveron. Na segunda fotografía podemos ver as fillas, mulleres que representan a xeración que se incorpora masivamente ao mundo do traballo empresarial e á sociedade desde unha posición enfrontada aos estereotipos tradicionais. Elas recoñecen todo o esforzo das súas proxenitoras e convertéronse en persoas cualificadas e profesionais, que ocupan espazos ata hai pouco reservados aos homes. Tiveron a oportunidade de elixir. Na terceira imaxe aparecen xuntas, próximas e cómplices, sabias e satisfeitas do camiño percorrido.

 

«As nais que protagonizan esta exposición promoveron que as súas fillas se formasen, fosen elas mesmas e alcanzasen dereitos que elas non tiveron. Para min exerceron un feminismo coma o que hoxe está transcendendo no movemento do 8M»

Xosé Abad

 

«Entón falabas e o que dixeras ti non valía de nada, non sabías o que dicías, eras unha tola. O que valían eran os homes, vale máis unha mentira dun home...»

Pilar Díaz. 70 anos. Traballadora de conserveira. Xubilada

 

«Miña nai sufriu o seu porque ela empezou desde cero, sacrificando todo o seu tempo libre por manternos a nós e por estar aí educándonos e dando o que ela boamente nos podía dar»

Catu Vilariño Díaz. 32 anos. Bombeira

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078