Exposición: MIÑA NAI! Maternidades e crías no mundo animal, en Vigo
Miña nai! Maternidades e crías no mundo animal é a nova exposición que poderá visitarse no Teatro Afundación Vigo do 24 de febreiro ao 20 de xuño de 2026. A mostra, realizada coa colaboración de Lunwerg e comisariada por Fernando González Sitges, escritor, debuxante e realizador, propón un percorrido visual e divulgativo arredor da maternidade no reino animal.
VISITA GUIADA INAUGURAL
con Fernando González Sitges
24 FEB | 19.00 h
A exposición enmárcase no programa transversal Educación para a sostibilidade, a través do cal desenvolvemos actividades orientadas a fomentar a concienciación medioambiental e o respecto pola nosa contorna natural.
A mostra reúne unha escolma de 45 fotografías que retratan outras tantas especies do mundo animal en escenas que abranguen desde o nacemento e a crianza até a aprendizaxe e a emancipación.
Os singulares mecanismos que cada especie desenvolve para concibir, protexer e alimentar as súas crías revelan a extraordinaria diversidade e riqueza do mundo animal. Ao mesmo tempo, estas imaxes permiten descubrir sorprendentes paralelismos con especies que, a priori, poderiamos considerar moi afastadas da nosa.
Decontado máis información!
Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para te informares sobre outras actividades escénicas.