• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra «Métrica y espiritualidad. Obras de José Antonio Miguez». Ourense

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra «Métrica y espiritualidad. Obras de José Antonio Miguez». Ourense
  • 12-09-2019 20-10-2019 Mostra «Métrica y espiritualidad. Obras de José Antonio Miguez». Ourense Descubre a investigación plástica de Miguez, baseada na idea da preexistencia dun sentido da harmonía e da beleza Sala de exposicións Afundación Ourense Praza Maior, 4. Ourense (Ourense) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    Praza Maior, 4. Ourense (Ourense)

  • Datas:

    12 de setembro ao 20 de outubro 2019

  • Horario:

    Luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Do 12 de setembro ao 20 de outubro podes ver a exposición «Métrica y espiritualidad. Obras de José Antonio Miguez» na Sala de Exposicións Afundación de Ourense. Estamos perante unha secuencia de obras realizadas por computador coas que o artista desenvolve composicións xeométricas para establecer unha equivalencia entre a experiencia de paz e a expresión da beleza. Comisariada por Adolfo Wilson.

 

Desde as súas mesmas orixes, José Antonio Miguez asumiu a creación artística como unha experiencia mística e espiritual; coma unha forma de revelación interior e autocoñecemento, capaz de ofrecer unha interpretación á súa particular visión do mundo e ao sentido mesmo da existencia. As súas primeiras composicións, concibidas en certa maneira coma mandalas, estaban animadas por un compoñente lúdico e expresaban significados simbólicos. Posteriormente, a súa formación profesional, ligada ás ciencias exactas, condúceo ao desenvolvemento dunha investigación persoal ao redor da procura da expresión da beleza. É así como, a través da súa identificación do concepto de harmonía e proporción coa noción de equilibrio espiritual, o artista redescobre e aprópiase con fins creativos, dunha das fontes máis antigas da esencia mesma da beleza: a chamada sucesión ou serie de Fibonacci. Miguez desenvolve composicións xeométricas utilizando esta serie como punto de partida para establecer unha equivalencia entre a experiencia de paz e a expresión da beleza. E basea a súa investigación plástica na idea da preexistencia dun sentido da harmonía, da beleza que transcende o intelectual e o cultural, que traduce nos seus traballos a través da busca da maior simplicidade discursiva posible, fomentando o silencio visual e a correspondencia entre a rítmica musical e a sonoridade das formas.

 

Utilizando o computador como ferramenta artística, Miguez ofrécenos visións alusivas ao micro e ao macrocosmos; bríndanos referencias ao principio de dualidade manifesto a través dos opostos no universo, coma o Ying e o Yang, a claridade e a escuridade, o branco e o negro; crea composicións dotadas de dinamismo e movemento virtual, onde figura e fondo interactúan alternando os seus roles, e as formas, expostas a tensións visuais, parecesen estar a piques de mutar.

 

O ARTISTA

Nace en Ourense en 1957. Realiza estudos no Instituto Universitario de Tecnoloxía, Rexión Capital, Caracas; na Université de Caen, Francia; na Universidade Santa María, Caracas (onde obtén o título de Economista); e en The American Graduate School of International Management, Phoenix, Arizona (onde obtén un Master en International Manager).

 
De formación artística autodidacta, en 2016 dá inicio a unha serie de debuxos en grafito sobre papel co tema de mandalas, nunha procura expresiva do pensamento oriental, a filosofía zen e a noción de chacras. Posteriormente, introduce a cor nos seus debuxos mediante o uso de rotuladores, e incorpora neles elementos lúdicos, como sorrisos e corazóns, e motivos orgánicos e vexetais. Un ano máis tarde, articula o tema musical aos seus traballos, facendo alusión a teclados de pianos proxectados dentro dun plano circular. Pouco despois, experimenta coa pintura acrílica, orientando o seu temario a formas xeométricas, conos virtuais e figuras concéntricas. A finais de 2017, comeza a desenvolver as súas composicións co concurso do computador e de programas dixitais, enfocando a súa investigación ao redor dun vocabulario esencialmente construtivista. En 2018, participa na exposición colectiva «Arte sensorial. Geometría y cinetismo en Latinoamérica», na Galería Odalys, en Madrid.

Infinito 2. Serie Elipses con un punto en común. José Antonio Miguez
Infinito 2. Serie Elipses con un punto en común. José Antonio Miguez
Sen título. Serie Estudos sobre a sucesión de Fibonacci. José Antonio Miguez
Sen título. Serie Estudos sobre a sucesión de Fibonacci. José Antonio Miguez
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078