• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición: A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego. VIGO

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición: A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego. VIGO
  • 09-03-2021 05-06-2021 Exposición: A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego. VIGO Unha reflexión a través da arte audiovisual, fotográfica, musical e poética sobre o pasado e o futuro das aldeas galegas como filosofía de vida Sede Afundación Vigo Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    9 MAR a 5 XUÑ 2021

  • Horario:

    LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 h 

    SÁBADOS 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

A nosa Sede de Vigo acolle un novo proxecto expositivo interdisciplinar mediante o que reflexiona sobre as formas de vida vencelladas ao rural galego, a súa iconografía, a súa presenza na cultura contemporánea e a sostibilidade do medio. Da man de Aser Álvarez, director, guionista e produtor galego, «A vida lenta. Memorias e ritmos do rural galego», conxuga máis de 70 fotografías, máis de 40 minutos de pezas audiovisuais, fragmentos poéticos e música nun proxecto pensado como instrumento para fomentar o debate contemporáneo e a revisión dunha realidade esencial para a conformación da identidade en Galicia.

 

Tamén podes ver a exposición virtualmente clicando no botón da esquerda, VISITA VIRTUAL.

 
A exposición conta con valiosos fondos documentais fotográficos e cinematográficos sobre o rural galego desde 1930 ata finais do século XX: a colección de Jaume Lloveras e Juan Piñeiro Andión (1978-1986), o arquivo do fotógrafo lugués Carlos Valcárcel e os Fondos Fotográficos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Cada un deles achega unha perspectiva diferente sobre unha mesma realidade, e é esta diversidade de perspectivas a que favorece unha precisa análise sobre as representacións do rural, aquelas que foron constituíndo, tamén lentamente, o imaxinario colectivo.

 
Algúns dos poetas gañadores do Premio de Poesía Afundación, como Olalla Cociña, Miguel Sande, Gonzalo Hermo e Oriana Méndez, tamén amosan na mostra varios versos co obxectivo de reflexionar sobre a presenza da natureza na cultura contemporánea. A banda sonora da mostra, unha creación de Moisés Quintás, recrea o chiar dos carros, o ouvear dos lobos, o xirar das rodas de muíño ou o cravuñar das gadañas.

 

Con esta iniciativa, Galicia convértese na primeira comunidade de España en abordar unha exposición monográfica cos fondos catalogados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 

 
Esta exposición desenvólvese nunha conxuntura en que a preocupación pola conciliación persoal, a convivencia co medio natural e a análise dos nosos ritmos vitais está a experimentar unha reflexión intensa a consecuencia da pandemia. A teor deste contexto, o traslado ao rural ou a núcleos de poboación máis reducidos preséntase como un garante de calidade de vida. O que noutrora fora deostado como antítese do progreso, contémplase agora como posible solución dos desequilibrios de demografía territorial.

 
ACTIVIDADES ONLINE

NOVO! No vindeiro mes de maio tes uns faladoiros virtuais en Afundación TV guiados polo coordinador da mostra, Aser Álvarez.

Neles acompañarannos:

ÓLIVER LAXE | 14 MAI | 18.00 h 
Desde a propia sala de exposicións de Vigo, o recoñecido director do filme O que arde, vénnos falar sobre a súa visión do rural. 
+INFO

OLGA NOVO e XOANA ALMAR | 26 MAI | 19.00 h
Desde as súas casas, as dúas mulleres falarán sobre as súas necesidades de conectar coa aldea. 
+INFO

  

 

ADEMAIS sigue os nosos MICROVÍDEOS Ollar en breve. Testemuñas audiovisuais A vida lenta en AfundaciónTV. Figuras interesantes e destacadas en diferentes campos da creación galega veñen para falarnos sobre as súas profesións e as súas situacións persoais ligadas ao rural, desde onde todo cobra sentido. 

O rural acostuma asociarse, a miúdo univocamente, cos valores da tradición, da humildade, do esforzo e da cultura popular folclórica. A forza desta proposta reside en aprendermos que o rural tamén significa inspiración contemporánea, vangarda, compromiso e fervedeiro de creatividade. O fío condutor desta serie de breves testemuñas é o rural, comprobando que a proposta actual baixo este lema é variadísma e denota unha presenza crecente, que recolleremos con inspiradores representantes de diferentes ámbitos: artesanía, cociña, ilustración, gandería ecolóxica, deseño, música etc.

Desde Afundación temos a convicción de que divulgar desde o compromiso coa diversidade é o único xeito de podermos entender o mundo, cada vez máis plural e preciso de maior respecto e empatía. Esta serie de testemuñas audiovisuais ilustran a diversidade rural, creativa e cultural que atopamos no país e os camiños e posibilidades que o concepto rural está a abrir cara ao futuro.

Mércores 12 MAI | ELENA FERRO | VÍDEO AQUÍ!

Martes 18 MAI | LUÍS DAVILA | VÍDEO AQUÍ!

Venres 21 MAI | DAVIDE SALVADO | VÍDEO AQUÍ!

Martes 25 MAI | IRIA RIBADOMAR | VÍDEO AQUÍ!

Venres 28 MAI | ANA CORREDOIRA | VÍDEO AQUÍ!

Martes 1 XUÑ | JAVIER OLLEROS

 

IRIA RIBADOMAR (Deica Creacións): ilustradora e deseñadora. Esta creadora transforma coñecidos elementos tradicionais do rural (tamén aqueles propios do feísmo!) e transfórmaos no que podemos considerar iconas pop, levándoos a todos os soportes posíbeis: sacas de tea, xoias etc.

ANA CORREDOIRA (Granxa A Cernada): bióloga e gandeira. Esta granxa ecolóxica, ubicada en Palas de Reis (A Cernada), está encabezada por unha bióloga de 30 anos que aposta pola innovación, o compromiso rural e a produción sostíbel. Fundou a Cooperativa ecolóxica As vacas de Ulloa, canda a Granxa Maruxa, o que reflicte o emprendemento das mulleres no rural: 54 % fronte ao 30 % no ámbito urbano, segundo datos de Medio Rural.

ELENA FERRO: zoqueira de 3ª xeración. Premio Nacional de Artesanía no 2015. As zocas eran o calzado tradicional que se usaba no rural, e que aínda que fose maioritario, o seu uso estaba fondamente estigmatizado ao se asociaren á labranza e, polo tanto, á pobreza. A partir do 95, Ferro revitalizou a zoca desde unha perspectiva de deseño contemporáneo, sen esquecer as funcións orixinais: impermeabilidade, comodidade e durabilidade. Nas súas RRSS crea composicións moi enxeñosas con “mini zocas”.

JAVIER OLLEROS (Culler de pau): cociñeiro. 2 estrelas Michelín. O premiado chef identifica a singularidade e a tradición como sinónimos de éxito no
negocio e na gastronomía. Reivindica a cociña como grande aliada do rural, e fai gala deste compromiso no seu restaurante, na súa horta e en cada entrevista. Combina un discurso moi comprometido e de raíz (proximidade, dignificación do rural etc.), cunha proposta súper vangardista, o que o sitúa nunha liña moi actual de conciencia e innovación.

LUIS DAVILA: humorista gráfico. Moi popular por O Bichero para Faro de Vigo. As súas personaxes van alén do estereotipo rural, e presentan actitudes enxeñosas, orgullosas e valentes perante situacións cotiás, nomeadamente protagonizadas por coraxosas mulleres labregas. Un dos maiores logros de Davila é ter éxito co público urbano (tamén mozo) a miúdo ben alleo ao universo rural. A través do recurso humorístico tende unha ponte entre estas dúas realidades: a urbana e rural.

DAVIDE SALVADO: músico tradicional e activista. Desenvolve a súa carreira artística como músico e cantante e, en paralelo, proxectos para revalorizar e descubrir o rural: encontros, obradoiros e formación musical. Vive en Monterroso, onde ten unha granxa cabalar e organiza o Festival Agrogay, que pretende dar visibilidade á diversidade afectiva, sexual e vital do rural galego. Óliver Laxe comentou hai pouco que estaban a estudar faceren unha empresa de rutas a cabalo.

 

Amosámosche as PUBLICACIÓNS Á VENDA relacionadas coa temática desta exposición:

ANACOS DO RURAL: Unha revisión documental do pasado recente da Galicia rural, libro + 2 DVD | MERCAR

GALICIA RURAL: Un debate contemporáneo sobre o rural de Galicia,  libro + DVD | MERCAR

FILLOS DA TERRA de Juan Rodríguez | MERCAR

VIRXILIO VIÉITEZ: ÁLBUM de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal | MERCAR

RAMÓN CAAMAÑO: RETRATOS DA COSTA DA MORTE de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal | MERCAR

 

MEDIDAS COVID #CulturaSegura
 
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

- Asistencia obrigada con máscara

- Control da capacidade

- Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público

- Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas

- Desinfección rigorosa de espazos

- Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico

- Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade

Inauguración "A vida lenta"
Inauguración "A vida lenta"
Inauguración "A vida lenta"
Inauguración "A vida lenta"
A vida lenta. Charla da axente de economía doméstica da Sección Femenina
Vilamelle (Lugo) 1961
Autor: Orestes Pérez. Fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
A vida lenta. Charla da axente de economía doméstica da Sección Femenina Vilamelle (Lugo) 1961 Autor: Orestes Pérez. Fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Mulleres segando centeo en Barro, Pontevedra, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Mulleres segando centeo en Barro, Pontevedra, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Seitura á man, Negueira de Muñiz, Lugo, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Seitura á man, Negueira de Muñiz, Lugo, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Nenos nunha casa labrega
(Lugo) 1969. Colección persoal Carlos Valcárcel
Nenos nunha casa labrega (Lugo) 1969. Colección persoal Carlos Valcárcel
Lavandeiras no río Miño
(Lugo) 1960. Colección persoal Carlos Valcárcel
Lavandeiras no río Miño (Lugo) 1960. Colección persoal Carlos Valcárcel
Moza nun cuarto nunha casa labrega
(Lugo) 1968. Colección persoal Carlos Valcárcel
Moza nun cuarto nunha casa labrega (Lugo) 1968. Colección persoal Carlos Valcárcel
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078