• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición LA PALMA. VOLCÁN E VIDA en Ourense

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición LA PALMA. VOLCÁN E VIDA en Ourense
  • 12-09-2022 13-11-2022 Exposición LA PALMA. VOLCÁN E VIDA en Ourense Nesta mostra narramos en primeira persoa como se viviu este fenómeno desde a illa da Palma. Todo un acontecemento a comprender polas súas repercusións a todos os niveis, tamén o emocional Sala de exposicións Afundación Ourense Praza Maior, 4. Ourense (Ourense) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    Praza Maior, 4. Ourense (Ourense)

  • Datas:

    12 SET A 12 NOV 2022

  • Horario:

    LUNS A VENRES 17.30 a 20.30 h

    SÁBADOS, DOMINGOS E FESTIVOS 12.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

45 imaxes do fotógrafo palmeiro Abián San Gil, canda textos da poeta palmeira Elsa López, o chef José Andrés, o xornalista de viaxes Ander Izaguirre e o escritor de natureza Gabi Martínez conforman esta espectacular exposición sobre o fenómeno natural e as súas repercusións na súa comunidade. A psicóloga Belén Colomina tamén participa cun relato elaborado para a ocasión en que narra os conceptos fundamentais que conducen o ser humano á superación do drama, á busca de novos escenarios de vida, e á importancia de realizar esta aprendizaxe en comunidade e da man da natureza.

 

A exposición ofrece, a través das 45 fotografías asinadas polo fotógrafo palmeiro, unha narración en primeira persoa sobre como se viviu este fenómeno desde a illa canaria para que, quen a visite, poida sentirse máis próximo á súa comunidade e aprender dos recursos emocionais que despregaron.

Sobre o seu traballo como fotógrafo ao comezo da erupción, Abián San Gil sinala: «intentei capturar todos os momentos posibles. Estiven horas antes de empezar no punto onde se iniciou e volvín para documentar todo desde o primeiro momento, de igual xeito que agora rexistro a reconstrución. A complexidade neste caso non reside só na parte técnica, senón no sentimento de impotencia».

A través desta mostra preséntanse as conmovedoras instantáneas dos momentos iniciais, nun percorrido temporal que chega ata a colaboración indispensable das persoas voluntarias e a emotiva evacuación da poboación, e finaliza cun apartado dedicado á espectacular beleza natural dunha illa que, non en van, se alcuma La Isla Bonita, coa espectacularidade das súas paisaxes e a riqueza do seu ceo nocturno, polo que se converteu na primeira no mundo en obter a certificación como Reserva Starlight da UNESCO. Un apartado que lembra que sempre hai un camiño para refacernos, sexa cal sexa o noso volcán particular.

A análise da erupción en Cumbre Vieja complétase cun módulo de divulgación técnica, con información confeccionada en colaboración co Instituto Xeográfico Nacional e cunha sección onde nos achegaremos á outra cara do volcán, con aspectos menos coñecidos sobre as contornas volcánicas.

O obxectivo da proposta expositiva é ofrecer diferentes lecturas e niveis para que o público se poida aproximar á erupción dun volcán desde múltiples perspectivas: unha ollada documental a través das fotografías, unha mirada histórica a través do relato de realidade virtual, un achegamento científico-técnico a través dos módulos desenvolvidos en colaboración co Instituto Xeográfico Nacional, unha lectura en clave social que se fai evidente cos testemuños presentes na sala, unha ollada emocional a través da reflexión psicolóxica de Belén Colomina e finalmente unha proposta impactante e poética pola propia intensidade e sensibilidade das imaxes.

 

REALIDADE VIRTUAL

A exposición ofrece unha impactante actividade de Realidade Virtual. A través dunhas lentes de última xeración o ou a visitante poderá vivir en primeira persoa a impresionante erupción dun volcán, sentir o impacto do estrondo, a inquietude que conleva; pero tamén entender que o drama é tamén axente de cambio, motor de creación e porta para novos escenarios e nova vida. Unha experiencia impactante e estarrecedora que nos falará das leccións que podemos aprender da natureza e os seus tempos.

É a primeira vez que se leva un escaneado completo da coada e o cráter do volcán da Palma a unha experiencia con dispositivos de realidade virtual estereoscópica. E para iso realizáronse máis de 10.000 fotografías desde un dron de última xeración para lograr o escaneado completo. Trátase dun escaneado fotogramétrico (5 cm de erro) mesturado con simulación dixital de fume e lava incandescente para lograr unha sensación de inmersión total no fenómeno.

Nesta experiencia de realidade virtual, o ou a espectadora poderá voar sobre o volcán e ver toda a devastación provocada, mediante un voo desde a costa ata o cráter. Comeza desde o interior dunha casa humilde dunha familia de agricultores, horas antes de que a acabe engulindo o volcán de San Juan, no ano 49, e conta a historia de varias xeracións de agricultores sobrepoñéndose á devastación dos diferentes volcáns: un avó que o perdeu todo na catástrofe de San Juan no 49 e o seu fillo que, 72 anos despois, volve perder as súas terras por mor do volcán de Cumbre Vieja. Trátase dunha alegoría que achega unha mirada resiliente á destrución que xeraron os volcáns na illa da Palma, centrándose na súa capacidade para facer abrollar de novo a vida, e un canto ao espírito de superación do ser humano fronte á adversidade.

Carlos Seijo, creador do módulo de realidade virtual, subliña que esta é unha experiencia pioneira. Un proxecto desenvolvido polo noso equipo de Afundación para esta exposición.

A montaxe da mostra sorprende coa recreación dun espazo no que soa de maneira constante o auténtico ruxido do volcán de Cumbre Vieja e o laranxa da lava asolaga o espazo, nun xogo de sensacións extraordinario.

 

A exposición xorde da colaboración de Afundación coa Editorial Planeta, dinamizadora da publicación Más fuertes que el volcán, da que se conseguiron fondos destinados integramente á xente damnificada polo volcán de Cumbre Vieja.

 
PROXECTO SOCIAL
Sensibilizar a cidadanía e apoiar as persoas que se viron afectadas pola erupción do volcán Cumbre Vieja son as intencións deste proxecto. Neste contexto, ABANCA promoveu unha campaña entre os seus clientes e persoal para recadar fondos para a xente damnificada que reuniu 50.000 euros, entregados ao Cabido Insular da Palma. Ademais, a programación de Viaxes +60 promovida desde a Área de Envellecemento Activo de Afundación incluíu entre as súas propostas unha viaxe á illa da Palma en marzo, co obxectivo de contribuír á dinamización da economía local e á recuperación da actividade turística.

 

ACTIVIDADES EDUCATIVAS

INFANTIL A 3º PRIMARIA | VISITA CREATIVA | «Un dragón durmido que cuspe lume e non deixa de roncar»

4º PRIMARIA A 2º ESO | VISITA CREATIVA | «Drons a 1.000 graos. Viaxe ao centro dun volcán»

3º E 4º ESO, BACHARELATO, C.F. | VISITA COMENTADA | «O volcán de La Palma»

2 €/ ESCOLAR

Información e reservas en [email protected].

 

La Palma. Volcán e vida
La Palma. Volcán e vida
Imaxe do cartel. Abián San Gil
Imaxe do cartel. Abián San Gil
Fotogrametría
Fotogrametría
Fotograma
Fotograma
Fotograma
Fotograma
Modelado
Modelado
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]n.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078