• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra «Fotografía Contemporánea Colección Telefónica». A Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra «Fotografía Contemporánea Colección Telefónica». A Coruña
  • 10-07-2019 21-09-2019 Mostra «Fotografía Contemporánea Colección Telefónica». A Coruña Goza de grandes obras da fotografía de autores como John Baldessari ou Bernd e Hilla Becher, artistas que revolucionaron o concepto da fotografía Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    10 de xullo a 21 de setembro 2019

    Visitas comentadas, de balde e sen necesidade de inscrición, os mércores e venres ás 19h.

  • Horario:

    Luns a venres de 17.00 a 21.00 h

    Sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
Solicitar visita

Podes gozar desta exposición durante todo o verán na Sede Afundación da Coruña. Aproveita os paseos estivais polo Cantón Grande para te adentrares no noso edificio e admirar obras incribles da historia da fotografía de autores como Baldessari ou Bernd e Hilla Becher. Abre ben os ollos e queda con cada detalle destas espectaculares imaxes que marcaron un fito no concepto da fotografía, pasando a considerarse arte. Do 10 de xullo ao 21 de setembro, o noso edificio da Coruña abre as súas portas a «Fotografía Contemporánea Colección Telefónica». Estás convidad@.

 

Visitas comentadas, de balde e sen necesidade de inscrición, os mércores e venres ás 19h.

 

O fondo de fotografía contemporánea da Colección Telefónica céntrase nun período chave na historia deste medio, o que vai desde finais dos anos setenta a principios do século XXI. Uns anos de profundo cambio na forma de concibir o uso da fotografía no ámbito artístico e que determinou a súa incorporación definitiva aos circuítos da arte.

 

Algúns museos americanos empezaron a coleccionar fotografía a comezos dos anos trinta do século XX, e tampouco faltaron críticos e historiadores da arte que prestasen atención ao fotográfico antes dos setenta, mais tanto a práctica da fotografía artística coma a súa difusión eran limitadas fronte ao seu uso dominante, relacionado coa imprenta e os medios de comunicación. Xornais, revistas ilustradas e libros eran o soporte tradicional en que as fotografías chegaban ao gran público. Todo iso comezou a cambiar co uso do soporte fotográfico por parte dalgúns artistas pop, coma o propio Andy Warhol, ou os conceptuais, como Ed Ruscha. O salto deuse coa aparición dunha nova xeración de artistas que utilizaban para as súas creacións o soporte fotográfico e que concibían a súa presentación non como páxinas impresas dun libro ou revista, senón como ampliacións, enmarcadas, que reclamaban a mesma forma de contemplación ca un cadro.

 

A exposición ilustra na segunda planta este momento de transición e ten precisamente como punto de partida os traballos apropiacionistas dos americanos Richard Prince, John Baldessari ou Sherrie Levine, seguidos a continuación doutros artistas que a través das súas fotografías reflexionan sobre a construción da imaxe, o corpo, a identidade de xénero, ou un novo modo de facer documentalismo. Fronte a esta liña de traballo, no andar tres, sitúase como eixo fundamental a fotografía da Escola de Düsseldorf, con Bernd e Hilla Becher á cabeza e os diferentes camiños percorridos por algúns dos nomes máis importantes da fotografía contemporánea actual.

"Projeccions" © Perejaume, VEGAP, A Coruña, 2019
"Projeccions" © Perejaume, VEGAP, A Coruña, 2019
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078