• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición GOYA-HELLBOY. Unha iconografía de monstros por Stéphane Levallois, en Donostia

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición GOYA-HELLBOY. Unha iconografía de monstros por Stéphane Levallois, en Donostia
  • 19-09-2024 09-11-2024 Exposición GOYA-HELLBOY. Unha iconografía de monstros por Stéphane Levallois, en Donostia O gran creador de monstros do cinema de Hollywood, Stéphane Levallois, chega con esta exposición baseada no universo fantástico de Goya a través de Hellboy CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    19 SET a 9 NOV 2024

  • Entrada:

    Gratuíta

O Centro Okendo e o Centro de Ayete en Donostia, acollen esta exposición do 19 de setembro ao 9 de novembro. Ademais, do 24 ao 26 de outubro, GOYA-HELLBOY. Unha iconografía de monstros por Stéphane Levallois enmárcase no Festival de cine fantástico e de terror da cidade, onde Stéphane Levallois debuxará en directo e fará unha visita guiada coas e cos directores de cinema que acoden ao festival, como Álex de la Iglesia. 

 

O debuxante e creador de monstros por excelencia do cinema hollywoodiense, Stéphane Levallois, deseñou películas coma Alien, King Kong, Parque Xurásico, X-men ou Harry Potter e é colaborador habitual de Ridley Scott ou Bryan Singer. Ademais, é autor do cómic que editou o Museo do Louvre con motivo da súa gran mostra sobre Leonardo da Vinci. O artista francés reflexiona con esta exposición de Afundación sobre o universo fantástico e monstroso de Goya, utilizando un dos monstros máis populares do cinema e o cómic do século XXI, Hellboy.

 

ASIER MENSURO | comisario

 

A mostra pon en relación a obra de Stéphane Levallois, un dos lapis máis afiados do panorama internacional, cos trazos que dous séculos antes fixo un dos grandes mestres da pintura de todos os tempos, Francisco de Goya. Na mostra, o reputado artista francés reflexiona sobre a iconografía fantástica creada por Goya, das pinturas negras do Museo Nacional do Prado aos aquelarres e meigas dos óleos do Museo Lázaro Galdiano, incorporando a esta un monstro contemporáneo. Trátase de Hellboy, o personaxe creado por Mike Mignola. Levallois achégase así ao grafismo goyesco nun total de 72 obras e un vídeo en que se enfronta cara a cara á obra do xenial xordo aragonés. A exposición complétase con dúas ilustracións de Mignola: a portada da saga de Hellboy In the Chapel of Moloch e unha ilustración do personaxe que homenaxea o lenzo Átropos ou Las Parcas, de Goya.

 
STÉPHANE LEVALLOIS
Levallois colabora habitualmente con algúns dos mellores cineastas coma Ridley Scott ou Bryan Singer, e está detrás de moitos dos grandes éxitos cinematográficos da actualidade.


Do seu labor como concept artist naceron personaxes para películas icónicas, coma as das sagas Alien, Harry Potter, Jurassic Park, Piratas do Caribe, As Crónicas de Narnia, King Kong e A Illa da Caveira, Os Gardiáns da Galaxia ou os X-men. Ademais da súa contribución ao cinema, ten deixado a súa pegada en videoclips e publicidade para axencias líderes. No eido do cómic, sobresaen os seus traballos coma Los Desaparecidos de Orsay, por encargo do Museo de Orsay, así coma o aclamado Leonard2Vinci, encargado polo Museo do Louvre.

 
ASIER MENSURO
Mensuro é profesor do mestrado de Educación e Cómic da Universidade de Valencia. Ten comisariado máis de 200 exposicións, entre elas, un importante número de mostras de cómic, entre as que destacan ‘El arte del cómic’, ‘Homenaje a Roland Topor’, ‘Picasso Protagonista en el cómic español contemporáneo’, ‘Superpoderes’, ‘Sacrificio e ascensión, 15 anos de cómics de David Rubín’, ‘Homenaje a Luis Gasca’ e ‘Homenaje a Calpurnio’, ambas co-comisariadas xunto a Álvaro Pons, entre outras. Ademais, escribe habitualmente tebeos en diversos medios de comunicación como ABC, Descubrir el Arte, Muy Interesante, Muy Historia, e é autor de diversas monografías como ‘La pintura en el cómic’, na que firma como coautor canda Luis Gasca.

"Hellboy e Goya por Stephane Levallois"
"Hellboy e Goya por Stephane Levallois"
"Hellboy e Goya por Stephane Levallois"
"Hellboy e Goya por Stephane Levallois"
GOYA-HELLBOY
GOYA-HELLBOY
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078