Exposición “Feito a Man” no Espazo +60 de Monforte
Do 3 ao 17 de xullo, o Espazo +60 de Monforte acollerá a exposición “Feito a Man”, unha mostra que reúne os traballos elaborados polas persoas participantes nas diferentes actividades desenvolvidas durante o último curso.
A exposición recolle obras realizadas no curso de pintura ao óleo impartido por Alba García, no obradoiro de calceta e ganchillo coordinado pola socia voluntaria Josi Rodríguez Ovalle e no obradoiro de cerámica dirixido pola artesá Amparo Escrich.
A inauguración terá lugar o 3 de xullo ás 11:30 horas e estará dirixida ás persoas socias e ás súas familias. A partir do 6 de xullo, a exposición permanecerá aberta ao público en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Esta iniciativa pon en valor a creatividade, a aprendizaxe e a participación activa das persoas que forman parte do Espazo +60, amosando o resultado de meses de traballo, dedicación e ilusión.