• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición GALICIA EN VILO. A mirada dos fotógrafos galegos sobre a pandemia que cambiou as nosas vidas. En Ourense

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición GALICIA EN VILO. A mirada dos fotógrafos galegos sobre a pandemia que cambiou as nosas vidas. En Ourense
  • 05-07-2022 09-08-2022 Exposición GALICIA EN VILO. A mirada dos fotógrafos galegos sobre a pandemia que cambiou as nosas vidas. En Ourense Este traballo de sete fotoxornalistas galegos recolle todo aquilo que non puidemos ver desde as nosas casas durante o confinamento da COVID-19. Esta exposición enmárcase no proxecto dual Miradas desde o confinamento Sala de exposicións Afundación Ourense Praza Maior, 4. Ourense (Ourense) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    Praza Maior, 4. Ourense (Ourense)

  • Datas:

    5 XUL A 9 AGO 2022

  • Horario:

    24 H A PÉ DE RÚA

  • Entrada:

    Gratuíta

AVDA. DE PONTEVEDRA | OURENSE

Agora que temos perspectiva abonda para lembrar, revivir e reflexionar, e co obxectivo de documentar o extraordinario momento histórico que nos tocou vivir co confinamento xeral da poboación (15 de marzo - 15 de xuño 2020), presentamos esta exposición que xorde da mirada profesional dos nosos e das nosas fotoxornalistas sobre ese período en que todo cambiou. Podemos albiscar aquilo que non puidemos ver desde o encerro, e asemade recoñecer o labor de todas aquelas persoas que seguiron a saír á rúa para facer o seu traballo por ser esencial, e entre elas, as e os fotoxornalistas; porque dentro duns anos este rexistro fotográfico será clave para entender o que vivimos e como o vivimos.

  

Colabora: Concello de Ourense

 

A EXPOSICIÓN

Un percorrido en imaxes polo máis duro confinamento da pandemia, onde se reflicten situacións e vivencias que xa case temos borradas das nosas mentes ou que, desde as casas, nin sequera chegamos ver. Unha visión en detalle de tantas novas experiencias que a moitas persoas lles tocou vivir. Ficamos co poder máxico da resiliencia do ser humano ante fotografías que ispen o acontecido; o persoal sanitario extenuado, as estradas baleiras con paneis onde se prohibía a circulación, as relacións entre familiares e amizades reiventándose a través de novas canles, avoas e avós asistindo ás novas tecnoloxías para contactaren cos netos e netas, cidades absolutamente solitarias, transportistas sen lugares onde comeren ou durmiren ante o peche da hostalería, a chegada tímida do uso da máscara, o deporte clandestino desde os nosos fogares, en garaxes, faiados ou trasteiros, a incerteza cada día ante as roldas de prensa do presidente do Goberno... e moita conciencia global da importancia de nos mantermos nas nosas casas.  

 

FOTOXORNALISTAS 

Miguel Riopa (1967, Campo Lameiro, Pontevedra) coordina este proxecto expositivo.
Desde o ano 90 traballou como redactor gráfico nos xornais Xornal Diario, Diario de Pontevedra, Diario 16 de Galicia, La Voz de Galicia e El Mundo. Foi correspondente da Axencia EFE e de Associated Press. Na actualidade desenvolve a súa actividade profesional na Agence France - Presse, ademais de colaborar con varias editoriais e empresas dedicadas á comunicación empresarial. Ao longo da súa carreira de fotógrafo recibiu numerosos recoñecementos nacionais e internacionais.

Óscar Corral (fotoperiodista de El País Galicia), Mónica Vila (fotógrafa freelance), Agostiño (fotógrafo freelance, actualmente en La Voz de Galicia), Brais Lorenzo (fotoperiodista. Habitualmente en EFE noticias e Faro de Vigo), Miguel Muñiz (fotógrafo freelance), e Xoán A. Soler (La Voz de Galicia).

 

Desde a mirada profesional e persoal de diferentes xornalistas da fotografía, este proxecto aborda ópticas diversas do confinamento, desde as novas formas de relacionármonos, de traballar, de estudar, facer a compra, xogar... Unha composición visual deste fito histórico, recoñecendo o negativo que vivimos, pero tamén as repercusións positivas ao pasar máis tempo coas nosas familias. Ao mesmo tempo, moitas das instantáneas reflicten a crise sanitaria e o inmenso sacrificio dos equipos de traballo no sector e doutros relacionados ou que xogaron un papel especial en tempos de coronavirus. A todas esas persoas, con esta exposición, queremos mostrar o noso agradecemento e o de toda a sociedade.

A entidade internacional Museums Association publicou unha declaración que detalla como se debe abordar a recompilación e divulgación de material documental do Covid-19, salientando a importancia de facelo con «sensibilidade e respecto». Estes conceptos serán a base ética desta exposición, que nace como unha resposta de Afundación dentro do seu compromiso coa sociedade galega.

En palabras do coordinador da mostra: «A información constrúese con imaxes. Tamén a memoria. As imaxes daquilo que nunca puidemos ver porque estabamos confinados: as rúas eran un mundo solitario, alleo, desconcertante e durante preto de dous meses, vimos o que pasaba a través da mirada dos fotoperiodistas. Contáronnos o silencio das rúas, a actividade frenética do persoal sanitario pelexando cun virus do que apenas sabiamos nada. Foron esenciais. A mirada dun fotógrafo ve pola nosa. Nas semanas en albas co confinamento, ao retrato da mirada dun médico na xanela dun hospital non lle facían falta palabras. É fotoperiodismo. O relato está nesa mirada. E despois, na memoria.» Miguel Riopa.

 

Esta exposición, xunto con "Primavera tras a ventá", intégrase no proxecto dual Miradas desde o confinamento, unha reflexión en imaxes sobre as experiencias vividas ata o de agora coa pandemia da COVID-19. imaxes de particulares, que tamén contan as súas vivencias persoais, desde calquera contexto, ao redor da situación do confinamento.

PRIMAVERA TRAS A VENTÁ [+INFO]

Exposición centrada en imaxes de particulares, que narran as súas vivencias persoais ao redor do confinamento.

 

Esta exposición enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS que levamos a cabo en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora coa túa doazón de alimentos non perecedoiros cando veñas ver a exposición.

AQUÍ máis información.

 

Esta mostra encádrase dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, unha aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia. 

Galicia en vilo a pé de rúa en Ourense
Galicia en vilo a pé de rúa en Ourense
Galicia en vilo a pé de rúa en Ourense
Galicia en vilo a pé de rúa en Ourense
Fotografía de Brais Lorenzo
Fotografía de Brais Lorenzo
Fotografía de Miguel Riopa
Fotografía de Miguel Riopa
Fotografía de Brais Lorenzo
Fotografía de Brais Lorenzo
Fotografía de Miguel Riopa
Fotografía de Miguel Riopa
Fotografía de Agostiño
Fotografía de Agostiño
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078