• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición EMOCIÓNS EN PERIGO. Fotografías de TIM FLACH, na Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición EMOCIÓNS EN PERIGO. Fotografías de TIM FLACH, na Coruña
  • 11-10-2023 09-03-2024 Exposición EMOCIÓNS EN PERIGO. Fotografías de TIM FLACH, na Coruña Tim Flach é membro honorífico da Royal Photographic Society e ensínanos con esta mostra unha escolma das súas imaxes de animais tratadas desde un enfoque singular, a emocionalidade. Asiste á exposición colaborando co programa solidario Cultura por Alimentos. Entra para máis información Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    11 OUT a 9 MAR 2024

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS (festivos incluídos*) | 12.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

    DOMINGOS | PECHADO

    *Agás 25 DEC e 1 XAN 2024.
  • Entrada:

    Gratuíta

Agora a exposición do británico Tim Flach EMOCIÓNS EN PERIGO chega á Coruña, á sede Afundación do Cantón Grande, para ensinarnos unha impactante colección de imaxes sobre animais e emocionalidade. Coñece o traballo do gran fotógrafo dos animais connosco ata o mes de marzo de 2024. 

 

VISITAS GUIADAS FAMILIARES

7 DEC 2023 | 12.00 e 18.00 h

26, 27 e 28 DEC 2023 | 18.00 h

2, 3 e 4 XAN 2024 | 18.00 h 

Enmarcadas en Cultura por Alimentos: trae a túa doazón de produtos non perecedoiros cando asistas.

INSCRÍBETE AQUÍ

 

Esta mostra encádrase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL. Convidámosvos a colaborar traendo alimentos non perecedoiros que se poden depositar no acceso ao edificio, e que serán destinados aos bancos de alimentos locais.

Máis información.

 

A obra de Tim Flach, un dos fotógrafos de animais máis recoñecidos a nivel global, chega por primeira vez a España. «Emocións en perigo» achega unha selección de 45 retratos de animais en perigo de extinción fotografados como nunca antes os viramos. Flach asegura que con este proxecto quere «conectar as persoas coa natureza» rompendo as barreiras que parecen levantarse entre nós. A clave está en fomentar a empatía cos retratados ao salientar as súas emocións.

TIM FLACH (Londres, 1956) quere promover a través da súa obra unha sociedade máis concienciada, formada e sensible coa necesidade de incorporar a sostibilidade a todos os aspectos da nosa vida. «O noso futuro depende diso», defende o fotógrafo. 

Na súa dilatada traxectoria, Tim Flach traballou con entidades do talle do National Media Museum en Reino Unido, o Museo de Historia Natural de Suecia, National Geographic ou o xornal The New York Times. É membro honorario da Royal Photographic Society e recibiu o Premio Honorario Doutoramento da Universidade das Artes de Londres. Na actualidade é presidente da Asociación de Fotógrafos Británicos e Europeos (AOP).

 

Podes ver aquí a entrevista a Tim Flach en AfundacionTV

 

EN RISCO DE EXTINCIÓN
A exposición «Emocións en perigo» reúne imaxes do proxecto de Flach Ameazados, que levou o fotógrafo a retratar especies en extinción en todo o mundo. En lugar de enmarcalos no seu hábitat natural, Tim Flach optou por retratalos sobre fondos neutros, salientando a personalidade de cada especie e mostrando nalgúns casos actitudes e emocións que habitualmente asociamos aos seres humanos. «Tratei de tender unha ponte e convidar á igualdade, creando retratos de animais cun estilo de representación xeralmente asociado cos humanos para salientar o seu carácter e personalidade».

Na exposición, Tim Flach incorpora información específica da situación e os perigos que ameazan cada unha das especies retratadas. Cada retrato está acompañado por unha ficha informativa elaborada pola maior organización ambiental de todo o mundo, a UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza). A información da UICN sinala o nivel de risco de extinción no que se atopa esa especie segundo a lista vermella desta organización. Ademais do nome científico, e da zona xeográfica á que pertence cada animal, os retratos están acompañados dun texto explicativo sobre a súa especie.

«Fotografei algunhas das especies máis ameazadas da Terra para este proxecto ―explica Flach―, algunhas icónicas, outras menos coñecidas. Varias son recoñecidas en todo o mundo e é sorprendente atopar estes animais icónicos ao bordo da extinción, animais aínda representados con orgullo en películas e libros, como xoguetes de peluche na colección de animais salvaxes da habitación dun neno».

Viaxando ao redor do mundo, a escenarios que van desde o bosque ata a sabana, os mares polares e os grandes arrecifes de coral, o fotógrafo construíu un poderoso rexistro visual de animais e ecosistemas en risco.

A exposición incorpora a tecnoloxía para ampliar a experiencia dos espectadores. Entre as posibilidades das novas experiencias para os espectadores, a exposición ofrece unha mesa de luz, que lle formula ao espectador algunhas preguntas sobre as especies que protagonizan a exposición, poñendo a proba o seu coñecemento sobre elas.

 

OBRADOIROS DE NADAL

5 a 10 anos

Visita guiada infantil e obradoiro de creación de xoguetes con materiais sostibles.


A escoller data entre os seguintes días:

26, 27 e 28 DEC | 11:00 a 13:00 h

2, 3 e 4 XAN | 11:00 a 13:00 h

5 €/ persoa

Prazas limitadas (máx. 15 persoas)

Sede Afundación A Coruña

INSCRICIÓNS AQUÍ

 

DIDÁCTICA

• INFANTIL a 4° PRIMARIA | Visita conto con obradoiro | Acariñando a ferida da vida salvaxe
• 5° PRIMARIA a 2° ESO | Visita obradoiro | Emerxencia planetaria, rapazada ao rescate!
• 3º e 4º ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS | Visita comentada | Emocións en perigo. Tim Flach


2 €/ ESCOLAR (grupos e colectivos en risco de exclusión social, de balde).

Máis información e reservas en areaeducativacoruna@afundacion.org ou no 981 185 060

 

Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078