Exposición DOMÉSTICA. O obxecto contemporáneo na Colección de Arte Afundación, en Ourense
A cidade das Burgas acolle "DOMÉSTICA. O obxecto contemporáneo na Colección de Arte Afundación", unha exposición que aborda o obxecto desde unha perspectiva contemporánea con obras do século XX ao XXI. O doméstico non é só un espazo físico, senón un conxunto de relacións, funcións e anceios que habitan nos fogares e definen as e os seus habitantes, e de aí que algúns e algunhas artistas recorran a el para transmitir as súas experiencias persoais. Visítaa do 19 de febreiro ao 13 de xuño de 2026 na Sala de Exposicións Afundación Ourense.
Estas obras da Colección de Arte Afundación combinan elementos tradicionais do xénero das naturezas mortas cunha perspectiva anovadora e conceptual.
VISITAS GUIADAS con Xiana Méndez
INAUGURAL | 19 FEB | 19.00 h - Reserva a túa praza!
PÚBLICO XERAL | 5 MAR, 9 ABR, 7 MAI, 4 XUÑ | 19.00 h
DE BALDE (Máx. 25 persoas)
Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para te informares sobre outras actividades escénicas.