• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición DESTINO. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel, en Tui

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición DESTINO. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel, en Tui
  • 09-10-2025 08-11-2025 Exposición DESTINO. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel, en Tui Nova mostra do proxecto Corrente Cultural canda o fotógrafo Manuel Valcárcel. Descubre as catro peregrinacións polo Tíbet, O Senegal, México e Galicia CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    9 OUT a 8 NOV 2025

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 9.00 a 14.00 e 15.30 a 20.30 h

    SÁBADOS | 9.00 a 13.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel fálasenos de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel, e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor. «Destino» amosa catro peregrinacións en catro países de catro continentes −O Tíbet, O Senegal, México e Galicia−, alicerzándose na fotografía documental como ferramenta narrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo fado.

 

CULTURA POR ALIMENTOS convídate a traeres a túa doazón de alimentos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!

 

Nesta terra de emigrantes e peregrinos sabemos mellor ca ninguén da importancia vital da viaxe, un percorrido físico que implica, en paralelo, unha reflexión interior sobre os nosos valores, a nosa identidade e as nosas necesidades. 

Concíbese esta expedición como unha viaxe en espiral de seres humanos unidos e guiados polo fado, na busca de respostas a preguntas universais que nos atinxen a todas as persoas do mundo.

  

Saga Dawa
O Perdón
Budismo e hinduísmo
Monte Kailash, Tíbet
Maio a xuño de 2018
Manuel Valcárcel (43 anos)

Era un momento delicado da miña vida, necesitaba atopar a paz interior, porque cando queres comezar unha nova etapa, penso que é necesario, por así dicilo, atopar algo tan importante como é o perdón; no meu caso, un perdón dedicado a min mesmo. Foi por iso que decidín realizar a kora, unha peregrinación/penitencia no monte Kailash, coñecido como Khang Rinpotché ou Preciosa Xoia das Neves. Ao seu redor, din, «rezan as pedras». Na tradición budista e hinduísta, dar unha volta ao redor dese monte abre a porta ao perdón dos pecados e á purificación do karma negativo. Fun no mes máis sagrado para os budistas, durante o Sawa Dawa. Nel conmemórase o nacemento, iluminación e morte do Buda (parinirvana) aos 80 anos de idade. Segundo a tradición, estes acontecementos tiveron lugar nos días de lúa chea do cuarto mes lunar do ano, primeiro do calendario hindú.

 

Grand Magal
O Amor
Islam sufí
Touba, Senegal
Outubro a novembro de 2018
Assan Ndiaye (40 anos)

O meu amigo Assan levaba fóra do seu fogar dez anos. Emigrara a España na procura dun futuro mellor e deixara un fillo de tres meses e unha muller, pero non renegou nunca do amor que sentía por eles. Peregrinou á tumba do cheikh Ahmadou Bamba en Touba, durante o Grand Magal, para agradecerlle o reencontro coa súa familia. É, polo tanto, unha peregrinación relixiosa importante, na que se conmemora o exilio de doce anos do líder relixioso sufí ao veciño Gabón. O suceso remóntase á época colonial, pois as autoridades francesas temían que Bamba se servise da súa popularidade para iniciar un levantamento que nunca aconteceu.

Bamba está enterrado na gran mesquita de Touba, punto de encontro dos seus seguidores, que recordan alí o seu exilio e ensinanzas. A celebración é numerosísima, e non se cingue só aos humildes. Por todo isto, o regreso do meu amigo Assan nesta época tan sinalada, e despois de tanto tempo fóra, foi tan especial.

 

Wirikuta Tameme
A Natureza
Cristianismo e Wixárika
Wirikuta, México
Outubro a novembro de 2019
Lolo Pérez (57 anos), Elia Sagrado (74 anos) e don Flor (79 anos)

Lolo e mais eu levamos viaxando xuntos polo mundo dende hai moitos anos, vivindo grandes aventuras por desertos, selvas e cumios de montañas. O meu amigo sempre cargou na súa mochila con aparellos cos que eu non podía, pero dende hai uns anos sostén unha das cargas máis pesadas que pode soportar unha persoa. Súa nai, Conchita (86), esvaécese no esquecemento e no tempo do seu propio ser debido ao alzhéimer. Para desprenderse desa carga durante un tempo, cruzamos o deserto de Wirikuta, no altiplano potosino, na procura da memoria de san Francisco de Asís, na igrexa de Real de Catorce. Este deserto converteuse en lugar de peregrinación para os wixáricas, que teñen como obxectivo atopar os deuses para «encontrar a vida na natureza». No camiño cruzámonos con dúas persoas que foron a nosa luz e inspiración: don Flor, un ermitán que sentía un profundo amor pola natureza e un gran fervor relixioso por san Francisco, e mais a súa amiga Elia Sagrado, antropóloga, que o visitou frecuentemente ata que finou.

 

Camiño de Santiago
A Esperanza
Cristianismo católico
Galicia, España
Xaneiro a xuño de 2021
Manuel Valcárcel (46 anos)

Tras todas as experiencias que se alongaron no espazo e no tempo, despois de tres anos, tiña que dar un último paso para rematar un ciclo, para fnalmente avanzar e deixar atrás o vivido. A miña meta foi sempre o propio camiño percorrido. Como o destino foi quen me guiou todo este tempo, levoume a falar cun amigo sobre unha antiga ruta de peregrinación que pasaba pola serra do Courel en dirección a Santa María do Mao, no Incio (Lugo). Nesta localidade próxima ao Camiño Francés, lugar de peregrinación dende fnais da Idade Media, xace o corpo de santo Eufrasio, un dos sete varóns apostólicos. Da mesma maneira que o Camiño de Santiago é un medio, non un fn, para chegar á meta, a tumba do apóstolo, decidín continuar o meu camiño pola antiga ruta, pasando polo meu fogar en Monforte de Lemos e seguindo polo Camiño de Inverno ata chegar a Santiago de Compostela e ao Ancoradoiro. O meu camiño está cheo de experiencias vividas e compartidas, de bos e malos momentos, de alegrías e penas, cos problemas de saúde que se cruzaron diante de min; todo forma parte dun sendeiro que tiña que chegar ao seu fin. A vida continúa, aquí ou noutro lugar.

 

Coa colaboración do Concello, xunto a Afundación Obra Social ABANCA e ABANCA. 

 

Esta mostra encádrase dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, unha aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia, a través dos diferentes concellos, e contando coa súa colaboración. Construímos unha rede de calidade que leve novas propostas alén dos nosos edificios nas cidades. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

 

Aproveita para visitares a axenda web e informarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes consultar a nosa billeteira online Ataquilla.com para outras actividades escénicas.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078