Exposición de Arte do alumnado do Espazo +60 de Vigo
O alumnado da clase de debuxo e pintura do Espazo +60 de Vigo presenta unha exposición colectiva coas obras nas que estivo traballando ao longo de todo o ano baixo a dirección da súa profesora, Paz.
A mostra poderá visitarse na Sala de Exposicións II de Afundación, situada na rúa Policarpo Sanz, 26 de Vigo, do 16 ao 24 de xullo. A inauguración terá lugar o día 16 de xullo ás 12:00 horas.
A exposición ofrece unha oportunidade para coñecer o traballo artístico desenvolvido polos participantes durante o curso, reflectindo a súa creatividade, evolución técnica e paixón pola pintura e o debuxo.
A entrada é gratuíta e non require inscrición previa. O horario de visita será de luns a venres, de 10:30 a 14:00 horas. As fins de semana e festivos a sala permanecerá pechada.