• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición SACRIFICIO E ASCENSIÓN. 15 ANOS DE CÓMIC DE DAVID RUBÍN Ourense

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición SACRIFICIO E ASCENSIÓN. 15 ANOS DE CÓMIC DE DAVID RUBÍN Ourense
  • 18-09-2020 26-01-2021 Exposición SACRIFICIO E ASCENSIÓN. 15 ANOS DE CÓMIC DE DAVID RUBÍN Ourense Debido ás novas restricións pola COVID, as nosas salas de exposicións permanecerán pechadas até novo aviso Sala de exposicións Afundación Ourense Praza Maior, 4. Ourense (Ourense) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    Praza Maior, 4. Ourense (Ourense)

  • Datas:

    18 SET a 31 XAN 2021

  • Horario:

    LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 h

    SÁBADOS, DOMINGOS e FESTIVOS 12.00 a 14.00 h e 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

Debido ás novas restricións pola COVID, as nosas salas de exposicións permanecerán pechadas até novo aviso.

 

SACRIFICIO E ASCENSIÓN. 15 ANOS DE CÓMICS DE DAVID RUBÍN, unha mostra que percorre con espírito antolóxico as diferentes etapas, influencias e series desta gran figura da ilustración, partindo dos seus primeiros traballos en Galicia para acabar cos últimos no esixente mercado americano. David Rubín (Ourense, 1977) é un dos historietistas españois máis recoñecidos nos últimos anos. É cofundador do colectivo Polaqia, formado por historietistas de Galicia e recoñecido con varias candidaturas aos pretixiosos premios Eisner. Desde uns duros comezos en que o cómic era unha paixón, máis ca un traballo, ata o momento actual, en que deviu nun dos historietistas máis solicitados do panorama internacional, esta é a exposición máis extensa, completa e ambiciosa das realizadas sobre este autor, con máis de 230 obras, en que se reflicten todos os seus fitos creativos.

 
Na súa primeira etapa como profesional destacan títulos como La tetería del oso malayo ou Cuaderno de tormentas; mais non é ata El Héroe, cando consegue o éxito nacional e internacional, xa que se publica no estranxeiro, abríndolle a porta a outros mercados. Ségueo Beowulf, outra obra sobresaínte que o confirma coma un dos autores fundamentais do panorama actual. Comeza así a traballar para o mercado americano en series coma Aurora West, La Ficción, Ether ou Sherlock- Frankenstein, combinando os devaditos traballos con outros realizados directamente para o mercado español, como Gran Hotel Abismo ou Fuego, o seu último proxecto aínda en desenvolvemento, que verá a luz en 2021 da man da editorial Astiberri.

 
Da man desta exposición, Afundación converteuse en pioneira na aplicación de tecnoloxía de Realidade Aumentada tanto na propia sala de exposicións coma na visita virtual albergada aquí. Esta tecnoloxía permite que, quen visita a sala en presencial ou en virtual, acceda a contidos extras a través do seu dispositivo móbil: descrición de personaxes, proceso creativo, bosquexos, e moitas máis sorpresas que chegan ao visitante a través da AR (Augmented Reality) deseñada para varias obras da exposición. Con esta aplicación, Afundación promove que as visitas ás salas de exposicións sexan unha experiencia con que descubrir moito máis do que parece exposto e que esta información sexa ademais accesible desde calquera lugar do mundo con conexión a Internet.

 
Exposición comisariada por Asier Mensuro.

 
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:
Sacrificio e ascensión. O documental de David Rubín. Con coloquio previo entre Santiago Segura, David Rubín e Asier Mensuro. AQUÍ

 
Visita virtual con Realidade Aumentada. Un percorrido virtual pola sala de exposicións con posibilidade adicional de descargar a app para Android ou iOS que permite acceder ao material extra en Realidade Aumentada. AQUÍ


Time lapse de David Rubín, creando o mural que se pode ver na sala de exposicións: 


Tráiler da exposición:

Actividades deseñadas para escolares:
 Eu de maior quero ser… Visita conto con taller. Infantil a 3º de primaria
 Superlapis, o heroe que debuxou para salvar o mundo. Visita taller. 4º de primaria a 2º
de ESO
 Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómics de David Rubín. Visita taller. 3º e 4º de ESO,
bacharelato e CF

 
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas gozar da cultura e a arte como o fixeches sempre.


MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID
-Uso obrigatorio de máscara
-Control de capacidade
-Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público
-Xel hidroalcohólico en múltiples puntos dos edificios e salas
-Desinfección rigorosa de espazos
-Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros que non
requiren contacto físico
-Supervisión en sala por parte de persoal para cumprimento da distancia de seguridade

 

Sistema de realidade aumentada
Sistema de realidade aumentada
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
Exposición: "Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín"
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078