• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición COMEDY WILDLIFE, en Ourense

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición COMEDY WILDLIFE, en Ourense
  • 13-02-2025 11-05-2025 Exposición COMEDY WILDLIFE, en Ourense As mellores e máis singulares imaxes de natureza conectadas co emocional, seleccionadas no Premio Comedy Wildlife Photo dos anos 2015 a 2022, chegan agora a Ourense. Vena visitar e colabora coa nosa campaña solidaria Cultura por Alimentos facendo a túa doazón Sala de exposicións Afundación Ourense Praza Maior, 4. Ourense (Ourense) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    Praza Maior, 4. Ourense (Ourense)

  • Datas:

    13 FEB a 11 MAI 2025

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 h

    SÁBADOS, DOMINGOS e FESTIVOS | 12.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Agora chega a Ourense a exposición máis aclamada polo público en diferentes cidades europeas, e que arrasou o pasado ano en Vigo e Ferrol. COMEDY WILDLIFE aterra o 13 de febreiro na Sala de Exposicións Afundación Ourense para amosarnos a cara máis divertida da vida salvaxe. A través das fotografías seleccionadas no recoñecido Premio Comedy Wildlife Photo, dos anos 2015 a 2022, a mostra fai gala dunha magnífica colección de imaxes de natureza cunha singularidade: diferentes especies animais conectan co ser humano a través das emocións. Moitas das fotos sacaranche un sorrixo, e mesmo algunha te fará rir a escachar.

Vena descubrir ata o 11 de maio de 2025.

 

Exposición recomendada para familias!

 

VISITA GUIADA INAUGURAL | 13 FEB | 19.00 h

A cargo do Servizo Didáctico Afundación. Apúntate aquí. 

 

Esta mostra enmárcase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL. Convidámoste a colaborares con alimentos non perecedoiros que podes depositar no acceso ao edificio, e que serán destinados aos bancos de alimentos locais. Grazas!

Máis información

ACTIVIDADES ESCOLARES

  • INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita conto con obradoiro | "Comediantes da vida salvaxe"
  • 5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita obradoiro | "Sostibilidade e tecnoloxía para preservar o sorriso da vida salvaxe"
  • 3º e 4º ESO, BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS | Visita comentada con obradoiro opcional | "The Comedy Wildlife"

Prezo 2 €/escolar

Inscricións no enderezo electrónico areaeducativaourense@afundacion.org ou no 988 391 746

 

A EXPOSICIÓN

Sesenta fotografías son as que compoñen a exposición homónima, «Comedy Wildlife», do certame internacional. As imaxes foron realizadas en distintos recunchos de todos os continentes e todas elas resultaron seleccionadas entre 2015 e 2022 como as mellores instantáneas de animais feitas en clave de diversión e humor no mundo, grazas á colaboración entre Afundación e Terra Espléndida e tras abarrotar en 2023 museos e centros de exposicións dos Países Baixos, Inglaterra, Portugal ou Canadá.

Evitar as mensaxes e as imaxes «deprimentes» é o que busca este certame, e con el a exposición. Isto é o que asegura o cofundador dos premios The Comedy Wildlife, o tamén fotógrafo especializado na natureza Paul Joynson-Hicks, que «as cuestións de conservación e sustentabilidade da vida silvestre están a gañar impulso a nivel mundial, pero as mensaxes e as imaxes tenden a ser negativas, deprimentes e enervantes». E que por iso se animou, xunto aos fotógrafos de natureza Tom Sullam e Michelle Wood, a crear estes galardóns. Desde 2015, premian as imaxes máis divertidas de animais tomadas nun mundo «extraordinariamente belo e interconectado».

«Comedy Wildlife» é unha exposición que cativa toda a familia ao utilizar o humor e a sorpresa como unha forma efectiva de involucrar no encanto do reino animal. As imaxes son extremadamente populares, atraen todas as idades e transcenden todas as culturas e idiomas. Así, as 60 instantáneas seleccionadas que se presentan en Vigo mostran, nas posicións e momentos máis divertidos, a animais como tartarugas, mapaches, osos, pingüíns, etc.

Unha foto divertida de animais é incriblemente eficaz porque non hai barreiras para a comprensión, ou tabús que deben ser negociados. A imaxe aproveita o impulso polo antropomorfismo, que está ben documentado como un dos disparadores máis potentes para a empatía humana. Para entender realmente os animais e as cuestións que lles afectan temos que empatizar con eles como concidadáns do mesmo planeta.

 

Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes! Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para outras actividades escénicas.

Inauguración COMEDY WILDLIFE Ourense
Inauguración COMEDY WILDLIFE Ourense
Inauguración COMEDY WILDLIFE Ourense
Inauguración COMEDY WILDLIFE Ourense
Inauguración COMEDY WILDLIFE Ourense
Inauguración COMEDY WILDLIFE Ourense
Comedy Wildlife. Krisztina Scheef "Seriously, would you share some"
Comedy Wildlife. Krisztina Scheef "Seriously, would you share some"
Comedy Wildlife. Kunal Gupta "Wait up, mommy, look what I got for you!
Comedy Wildlife. Kunal Gupta "Wait up, mommy, look what I got for you!
Comedy Wildlife. Kevin Biskaborn "Quarantine life"
Comedy Wildlife. Kevin Biskaborn "Quarantine life"
Comedy Wildlife. Philip Marazzi "Polar bear cub with mum"
Comedy Wildlife. Philip Marazzi "Polar bear cub with mum"
Comedy Wildlife. Co Grift "Indecent proposal"
Comedy Wildlife. Co Grift "Indecent proposal"
Comedy Wildlife. Harry Walker "Oh my!"
Comedy Wildlife. Harry Walker "Oh my!"
Comedy Wildlife. Ayala Fishaimer "Tough negotiations"
Comedy Wildlife. Ayala Fishaimer "Tough negotiations"
Comedy Wildlife. Daniel Edermo "Tern tuning its wings"
Comedy Wildlife. Daniel Edermo "Tern tuning its wings"
Comedy Wildlife. Esa Ringbom "Doggo"
Comedy Wildlife. Esa Ringbom "Doggo"
Comedy Wildlife. Mark Fitzpatrick "Terry the Turtle flipping the bird"
Comedy Wildlife. Mark Fitzpatrick "Terry the Turtle flipping the bird"
Comedy Wildlife. Roland Kranitz "Missed"
Comedy Wildlife. Roland Kranitz "Missed"
Comedy Wildlife. Miroslav Srb "Hello everyone"
Comedy Wildlife. Miroslav Srb "Hello everyone"
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078