• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Derradeiros días! Mostra «Antonio Quesada. Dende o sentimento». Ourense

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Derradeiros días! Mostra «Antonio Quesada. Dende o sentimento». Ourense
  • 13-02-2019 14-05-2019 Derradeiros días! Mostra «Antonio Quesada. Dende o sentimento». Ourense Un dos mellores paisaxistas de todos os tempos volve ás nosas salas de exposicións Sala de exposicións Afundación Ourense Praza Maior, 4. Ourense (Ourense) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    Praza Maior, 4. Ourense (Ourense)

  • Datas:

    13 de febreiro a 12 de marzo 2019

  • Horario:

    Luns a venres de 17.30 a 20.30 h

    Sábados, domingos e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta
Solicitar visita

A nosa Sala de Exposicións Afundación de Ourense acolle a mostra «Antonio Quesada. Dende o sentimento». A obra dun dos grandes paisaxistas no panorama plástico estatal estará no edificio da Praza Maior do 13 de febreiro ao 12 de maio.

 

Inauguración o mércores 13 de febreiro ás 20.00 h. Inscríbete aquí para asistires.

 

DIDÁCTICA ESCOLARES

Busca, observa e captura! Infantil a 3º de primaria

Experimentación ou intuición? Esa é a cuestión 4º de primaria a 2º de ESO

Antonio Quesada. Dende o Sentimento ESO, ciclos formativos e bacharelato

 

Prezo: 1 € / participante

 

VISITAS para persoas adultas, grupos e asociacións

Visitas comentadas e obradoiro de artes plásticas e experimentación, este último a escoller opcionalmente coa visita. 

 

Prezo: 1 € / participante

 

Sala de Exposicións Afundación Ourense | Praza Maior, 4
areaeducativaourense@afundacion.org | 988 391 746

 

A MOSTRA

Antonio Quesada (Ourense, 1932 - Vigo, 2015) é un dos paisaxistas máis importantes polo suxestivo e o inconfundible estilo dos seus cadros. A súa obra caracterízase por un exquisito dominio técnico e unha permanente vocación anovadora. A súa paisaxe, conformada en liñas xeométrico-figurativas e, case sempre, suxerida nas súas formas, sitúanos en mundos estraños, misteriosos, case metafísicos, que conforman unha pintura intensamente emotiva, sensible e intimista.

 

Participou activamente no movemento cultural que conmocionou as artes plásticas galegas na segunda metade do século XX baixo a tutela de intelectuais do talle de Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Eduardo Blanco Amor. A súa amizade cos poetas zamoranos Claudio Rodríguez e Hilario Tundidor influíu decisivamente na peculiar concepción lírica da súa pintura. A súa obra atópase representada en numerosos museos e coleccións institucionais de España, Europa e América.

 

Transcorridos catro anos desde o seu falecemento, esta exposición representa un corpus plástico único e excepcional pola ampla representación da súa obra de gran formato, en que o espectador pode somerxerse no lirismo de paisaxes que incitan á introspección e á reflexión, e onde, aínda co home ausente, a imaxe expresa unha defensa sobre a condición humana.

 

DO ESTATICISMO AO MOVEMENTO E PREDOMINIO DA COR

Na obra de Antonio Quesada hai unha ordenada evolución cara á abstracción lírica da paisaxe. Partindo dunha figuración formal, estática e rigorosa, contemplada desde puntos de mira aéreos e indeterminables, a natureza e as súas referencias foron desaparecendo ata quedaren ocultas, esquecidas ou presentidas, adquirindo un dinamismo que acada o paroxismo, e dando finalmente preferencia ao puro xogo da cor nun estilo pictórico persoalísimo, intensamente emotivo e único, onde todos os convencionalismos da paisaxe ao uso teñen sido abandonados.

 

COR HARMÓNICA

Antonio Quesada é moito máis ca o mestre da ocre, é un pintor de acordes coloristas en que os matices e as transicións van dando forma e perspectiva ao cadro. A natureza que se pode contemplar carece de referencias e é pura mancha, xogo de luces e tonalidades, grises sobre ocres, verdes e amarelas acendidas, laranxas atenuadas, froito dunha esixente racionalización na busca da perfecta harmonía cromática. Composicións orquestradas desde unha técnica de exquisita factura, con case transparencias, brillos acalmados e fuxidíos, rascadelas, veladuras, bolborotos e emerxencias ocasionais que animan a valoración táctil da súa obra, xerando un clímax dunha grande emoción e dunha íntima tenrura.

 

INFLUENCIAS

«Son autodidacta e non existen influencias predominantes de ningún pintor nin de ningunha escola. Non ao menos voluntariamente, aínda que quizais si inconscientemente. A paisaxe de Velázquez ségueme a emocionar. Identifícome con calquera pintura que sexa verdadeiramente honrada, sincera, con calquera pintura que me fale. Naquela en que o pintor expresou sen falsidade nin mistificacións os seus sentimentos. Só os seus sentimentos. A pintura do home que ten algo que dicir e sabe expresalo, interésame sempre, sexan cales foren a técnica, o tempo, e o intre en que se fixo».

Antonio Quesada

 

OURENSANÍA NO DEVIR

«Si, por veces vénme un soño. Eu estou no medio da ponte da Burga, naturalmente no Ourense de 1944 ou 1945. Aos meus pés, os xardíns con pedriñas á portuguesa que foran deseñados polo Veiras, que era curmán vagamente dos Quesada. A imaxe da Nosa Señora do Pousío mete medo e amósase tétrica e mexicana no soño. No fondo do cadro, as traseiras das vellas casas coas galerías estragadas e os cristais rotos. Este é o cadro de Antonio Quesada Porto en que se pon o sol vermello dos cotos do Salto do Can e do Castel Ramiro, e que non se me irá do desvarío en canto teña un sopro de vida».

Xosé Luís Méndez Ferrín

 

Esta mostra foi producida en colaboración coa Xunta de Galicia, mediante a Consellería de Cultura e Turismo, coa coordinación de Teresa Cendón.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078