Exposición 60 aniversario Concurso Beléns
A Sede Afundación de Vigo acolle unha edición moi especial do tradicional Concurso de Belenes, que celebra o seu 60 aniversario. A mostra reúne propostas creativas de centros educativos, entidades sociais, familias e colectivos que manteñen viva unha das tradicións máis arraigadas do Nadal galego.
O público poderá gozar dunha gran variedade de beléns elaborados con materiais diversos —desde técnicas artesanais clásicas até enfoques actuais e sostibles—, todos eles destacados polo seu detalle, expresividade e espírito comunitario.
Do 28 de novembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026, esta exposición convida a celebrar a creatividade interxeracional e a vivir o Nadal desde unha mirada participativa que impulsa Afundación.