• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición VIAXANDO. Coleccións de arte Afundación e ABANCA, en Culleredo

Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición VIAXANDO. Coleccións de arte Afundación e ABANCA, en Culleredo
  • 06-09-2024 24-09-2024 Exposición VIAXANDO. Coleccións de arte Afundación e ABANCA, en Culleredo Dentro do ciclo de mostras CORRENTE CULTURAL, chegamos coas coleccións de arte de Afundación e ABANCA ao teu concello CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    6 AO 24 SET 2024 

Paseo Ría do Burgo | CULLEREDO

  

Agora que chega o tempo de verán, a nosa exposición de rúa «Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA» volve saír en movemento polas diferentes localidades galegas. Unha proposta que amosa pezas das Coleccións de Arte Afundación e ABANCA que convidan a viaxar, ben por Galicia, ben arredor do mundo. A cronoloxía das pezas vai desde finais do s. XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas. O concepto do proxecto é a viaxe, que sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumbos para a produción artística.

Goza de viaxar, tamén pola arte. 

 

Hai séculos que as e os artistas viron na viaxe un motivo para a creación, é a necesidade da evocación que leva a fixar a representación dos territorios que visitan en debuxos, gravados, cadros ou fotografías. En Galicia, primeiro, foron abondas as persoas da arte subvencionadas polas Deputacións Provinciais que se trasladaron, no século XIX, a Italia e Francia co fin de se formar, retendo non só a experiencia da aprendizaxe, senón a imaxe dos encontros que vivían. Máis tarde, á marxe da «viaxe» forzosa da emigración e o exilio, a xente creadora rastrexou a mundoloxía do coñecemento de novos lugares coma unha experiencia frutífera, derrubando os límites do seu propio espazo persoal e profesional.

Pasaron décadas en que a viaxe supuxo unha procura da bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e unha forma de descubrir novos rumbos para a produción artística. Artistas da pintura e a fotografía captaron os rañaceos neoiorquinos, as táboas coránicas en África, a India coa imaxe da muller, Siena baixo a vehemencia da pincelada e ata o frío Ártico, modelado co fume quente. Deste xeito, convertéronse en notarias e notarios dunha mensaxe que chega desde alén das nosas fronteiras.

De igual xeito, a mostra convídanos a facer a nosa propia viaxe, a deixar voar a nosa imaxinación e percorrer as rúas, os campos e saborear as atmosferas e as sensacións que evoca cada imaxe. Toda viaxe implica unha aprendizaxe, un pequeno ou gran cambio na persoa que o protagoniza, e ese cambio achéganos máis cara a humanidade e a prosperidade da nosa sociedade.

Dicía o poeta francés Paul Valéry que «a natureza é unha personaxe que aparece baixo mil máscaras»; neste caso, o abano estilístico é tan amplo e diverso que permite, a través desta selección de Afundación, imaxinar «as mil máscaras» dunha viaxe figurada polo mundo.

Mercedes Rozas, crítica de arte

 

Esta mostra encádrase dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, unha aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078