Mostra «Eterno Retorno» de Diego Merry del Val. A Coruña
Diego Merry del Val expón «Eterno Retorno» ata o 4 de xullo de 2020 na Sede Afundación A Coruña. Trátase dun retablo xigante que narra a evolución da natureza. O artista madrileño, fincado na Coruña, estrea así a súa primeira mostra individual.
Diego Merry del Val, nacido en Madrid en 1968, foi xornalista, trotamundos, escritor e pintor esencialmente audodidacta. A súa experiencia en diversos países (Cuba, Bosnia, Congo ou O Líbano) e unha longa estancia como correspondente de ABC en Rusia son parte da bagaxe vital que se decanta na súa obra. «O xornalismo foi para min un medio, non un fin en si mesmo, un medio de achegarme ao mundo e atopar respostas. A pintura deume finalmente a linguaxe adecuada para expresalas», afirma.
A serie está composta por doce obras de formato rompedor, que dificilmente deixarán indiferente a quen se achegue a contemplalas: cada obra é un mosaico de nove pezas, que xuntas compoñen unha soa imaxe, a modo de quebracabezas, cun singular efecto de dinamismo e monumentalidad. Un ambicioso proxecto do pintor, que se propuxo «relatar a historia da evolución en doce capítulos».
«Atopei tanta inspiración na arte mitológico como nas vangardas do século XX», comenta o autor. «O que pretendín facer é un gran retablo que conte unha historia, ao estilo dos artistas medievais que usaban as imaxes para narrar diversos episodios das
escrituras. Só que neste caso trátase de revelacións que nos fixo a ciencia acerca da natureza e de nós mesmos. Neste sentido de relato, a serie debe ser considerada como unha soa obra».
En termos de linguaxe pictórica, a serie bebe directamente das vangardas do século XX e fai alarde de forza expresiva, cun estilo ás veces brutal. Nunha época o que a arte se volveu sobre si mesmo e ocúpase principalmente de reflexionar sobre que é e que non é, ou de ironizar sobre si mesmo, e na que se fala abertamente de post-arte, esta exposición convídanos a atrevernos a sentir a arte con todo o que iso conleva: unha sacudida no máis fondo. É, en definitiva, unha volta ao noso pasado.