Mostra «Con D de Arte. Unha ollada infantil á Colección de Arte Afundación máis contemporánea». Pontevedra
O Café Moderno de Pontevedra acolle este outono unha mostra para engaiolar, sobre todo, a xente miúda. «Con D de Arte. Unha ollada infantil á Colección de Arte Afundación máis contemporánea» abre as súas portas o 23 de outubro e poderase visitar ata o 11 de xaneiro. Un auténtico tesouro de obras de arte da nosa Colección para afondar no universo pictórico coas nosas e os nosos pequenos. Gozarán ao grande!
Visita guiada inaugural | 23 out. | 19.00 h a cargo das comisarias África Martínez e Ana Barreiro, integrantes de Taller Abierto.
Exposición de arte contemporánea en que se propón un paseo cheo de sorpresas. Está formada por obras feitas hai poucos anos da colección de Afundación. Cun deseño pensado para vós, nenos e nenas, este é un proxecto de educación nas artes e tamén a través da arte, pois as obras contemporáneas esconden grandes historias relacionadas coa igualdade entre as persoas, a importancia de coidar o noso planeta e a diversidade dos nosos sentimentos.
A arte contemporánea, pola súa capacidade para mediar entre artista e espectador, disfrútase máis canta máis imaxinación e sensibilidade ten a persoa que observa, así que esta é unha exposición especialmente pensada para vós. A vosa imaxinación levaravos a reflexións que seguro vos van facer medrar. Adiante e boa viaxe!
Fai a túa visita virtual 360 º á mostra aquí!