• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición VIGO NO TEMPO, en Vigo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición VIGO NO TEMPO, en Vigo
  • 10-11-2023 21-01-2024 Exposición VIGO NO TEMPO, en Vigo Quinta exposición do proxecto CIDADES NO TEMPO, xa en Vigo! A partir do 10 de novembro pasa e descubre a túa cidade. Aproveita as visitas guiadas para público xeral! Sede Afundación Vigo Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    10 NOV a 21 XAN 2024

  • Horario:

    LUNS a DOMINGOS, 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

     

  • Entrada:

    Gratuíta

VIGO NO TEMPO é a quinta das mostras que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, 'Cidades no tempo', que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol, Lugo e A Coruña, a proposta continúa o seu percorrido en Vigo co obxectivo de reinvindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia. A partir do 10 de novembro podes visitala na Sede Afundación Vigo ata o 21 de xaneiro de 2024.

 

VISITAS GUIADAS para público xeral

16, 23 e 30 NOV 2023

7, 14, 21 e 28 DEC 2023

2, 4, 9, 11, 16 e 18 XAN 2024

Enmarcadas en Cultura por Alimentos: trae a túa doazón de produtos non perecedoiros cando asistas.

INSCRÍBETE AQUÍ

 

VISITAS GUIADAS para familias

26, 27 e 28 DEC 2023

2, 3 e 4 XAN 2024

Enmarcadas en Cultura por Alimentos: trae a túa doazón de produtos non perecedoiros cando asistas.

INSCRÍBETE AQUÍ

 

comisario | MANUEL GAGO

 

CULTURA POR ALIMENTOS 

Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas aquelas actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais, en colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos. Esta exposición forma parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado, cando a visites.

A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí

 

A EXPOSICIÓN

A iniciativa está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración de Afundación (Obra Social ABANCA). O relato expositivo explora a cidade dende as súas orixes ata a actualidade cunha combinación única de obxectos de alta cultura e cotiáns, obras de arte, documentación histórica, mapas e planos, recreacións virtuais, fotografías e publicacións. Unha oportunidade de afondar no Vigo máis coñecido e de descubrir os aspectos esquecidos ou descoñecidos dende moi diversas perspectivas: os fitos históricos e os mitos, o desevolvemento urbanístico, a economía e a industria, o lecer ou a cultura. 

A mostra parte dunha visión de Vigo como un lugar cunha profunda vontade de constituírse como unha gran cidade. Así, fai un percorrido pola realidade dunha urbe que medrou nun territorio xa intensamente habitado incluso antes de que existira esa propia idea de cidade. Baixo esta premisa, o traxecto abrangue as relevantes infraestruturas a nivel comercial, cultural e de comunicacións, enfocadas en acadar ese obxectivo. Un camiño que repasa, ademais, pezas arqueolóxicas de grande importancia, os documentos fundacionais, algunhas das imaxes máis antigas da cidade e mesmo grandes proxectos que non saíron adiante.

A exposición coloca nun mesmo escenario dende o Vigo industrial (vinculado ao mar e outras entidades destacadas como Citroën) ao editorial, pasando pola influencia do Cable Inglés nos costumes e no lecer, polo Vigo da Movida ou do Grupo Atlántica, ata o Vigo do mar e as lendas.

Á fronte do proxecto está Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Para esta mostra conta co asesoramento, como coordinador local, do columnista e editor de Xerais entre 1994 e 2018, Manuel Bragado. Así mesmo, colaboran institucións relevantes para esta cidade, coleccións particulares e recoñecidas entidades empresariais. 

 

Toda a información completa sobre a mostra abaixo no folleto descargable.

 

OBRADOIROS DE NADAL

5 a 10 anos


A escoller data entre os seguintes días:

26, 27 e 28 DEC | 11.00 a 13.00 h

2, 3 e 4 XAN | 11.00 a 13.00 h

5 €/ persoa

Prazas limitadas (máx. 15 persoas)

Sede Afundación Vigo

INSCRICIÓNS AQUÍ

 

ESCOLARES

Esta mostra é parte do proxecto global CIDADES NO TEMPO, co que pretendemos, canda a Cidade da Cultura, pór en valor a identidade urbana de Galicia. Trátase de sete exposicións sobre cada unha das sete cidades galegas, diferentes entre si, mais fortemente conectadas. Agora, amosamos toda a historia, cultura, arquitectura e outras particularidades de Vigo... Imos alá cun programa interesante para os centros escolares galegos:

• Visita-conto con obradoiro | INFANTIL a 4º PRIMARIA | «Os galeóns baixo a Ponte de Rande»
• Visita con obradoiro | 5º PRIMARIA a 2º ESO | «Ondas do mar de Vigo»
• Visita comentada con obradoiro (opcional) | 3º ESO a BACHARELATO e C.F. | «Vigo no tempo»


E con cada didáctica, dous obradoiros a escoller:
• Obradoiro de STEAM, arte robótica e programación
• Obradoiro de SOSTIBILIDADE, arte, recuperación e conciencia ambiental


Prezo: 2 € / escolar

Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
Vigo no tempo
folleto VIGO NO TEMPO. PDF
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078