• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición CONSERVA. Unha Instalación de Jorge Perianes para Cultura por Alimentos, en Vigo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición CONSERVA. Unha Instalación de Jorge Perianes para Cultura por Alimentos, en Vigo
  • 20-09-2022 07-01-2023 Exposición CONSERVA. Unha Instalación de Jorge Perianes para Cultura por Alimentos, en Vigo Instalación do artista ourensán con que rende homenaxe ás traballadoras da conserva. O proxecto enmárcase en Cultura por Alimentos, unha iniciativa solidaria con que doar alimentos para os Bancos de Alimentos de Galicia Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    20 SET a 7 XAN 2023

  • Horario:

     LUNS a SÁBADOS 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

A sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo abre esta mostra de Jorge Perianes, quen se alía co noso proxecto social CULTURA POR ALIMENTOS para propornos unha espectacular instalación concibida e producida para este programa, inspirada na industria conserveira da cidade de Vigo e coa que pretende render homenaxe ás mulleres traballadoras do sector.

 

Visita inaugural a cargo do artista JORGE PERIANES | 17.30 h | INSCRICIÓNS AQUÍ

 

Coa colaboración de ANFACO CECOPESCA e FESBAL.

 

Unha proposta expositiva multidisciplinar articulada arredor dunha espectacular instalación de Jorge Perianes creada ad hoc para esta ocasión. Complementada con elementos gráficos e audiovisuais vinculados co ámbito da industria da conserva e con achegas textuais do propio artista, esta exposición conmemora o primeiro aniversario do programa de impulso social «Cultura por Alimentos». 

 

«Conserva» é unha creación alicerzada no principio de solidariedade e na colaboración, con quen o máis o necesita, mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, simbolizados nesta instalación polas latas de conserva. Cunha recreación nun espazo aséptico onde contrasta o brillo dourado das latas.

 
Coa vocación de propiciar unha exposición con diferentes lecturas e de continuidade alén da propia instalación, o Museo ANFACO-CECOPESCA contribuíu a enriquecer a mostra mediante a achega de material gráfico e audiovisual de arquivo relativo á historia da industria da conserva en Galicia, un ámbito fundamental para o desenvolvemento socioeconómico do país con protagonismo case exclusivo das mulleres nas súas cadeas de produción. Ademais, e co propósito de explicar a xénese e o desenvolvemento da peza central, Jorge Perianes recompila nunha das seccións as lecturas e os debuxos, bosquexos ou traballos preparatorios nos que alicerzou o seu deseño final, que debulla noutra área da mostra cun texto analítico.

 
Jorge Perianes vive e traballa entre Vigo e Madrid e enfrontouse á creación desta peza coma o seu primeiro traballo importante tras o parón xerado pola pandemia. Nel ofrece unha instalación onde verte as súas reflexións sobre o tempo, o traballo, o espazo industrial, a condición do ser humano e o seu lugar no mundo. Este artista segue sorprendendo polo seu traballo imaxinativo, meticuloso, irónico e narrativo. Igual nas pequenas escalas ca nas grandes instalacións, Perianes establece un xogo de atracción-repulsión que busca provocar na persoa que observa un achegamento confiado a unha obra que oculta, porén, unha forte esencia enigmática e melancólica.

 
Esta mostra nace ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, un ambicioso programa social que Afundación lanzou en setembro 2021 en colaboración con FESBAL, e mediante o cal animamos o público que acode ás nosas actividades a que colabore mediante a doazón de alimentos que destinamos aos Bancos de Alimentos locais.

Entra aquí e infórmate sobre Cultura por Alimentos.

Cultura por Alimentos
Cultura por Alimentos
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
Instalación CONSERVA de Jorge Perianes
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078