Excursión para visitar a exposición de Las Edades del Hombre, Espazo +60 Ourense
O Espazo +60 Afundación de Ourense organiza unha excursión para visitar a exposición de Las Edades del Hombre.
O primeiro día chegarán a Aguilar de Campoo, onde baixo o título "Mons Dei" se celebra a exposición das Idades do Home 2018, que afonda no rico significado da montaña dentro da tradición simbólica cristiá e da extensa historia relixiosa da humanidade. Unha proposta de fe, arte, natureza, nese empeño de converter cada edición de Las Edades del Hombre nun diálogo entre a Fe e a Cultura. Posteriormente realizarase unha visita á localidade de Aguilar de Campoo, punto clave no itinerario do románico palentino.
O segundo día visitarán Herrera do Pisuerga, onde collerán o barco que os levará pola Canle de Castela, declarada Ben de Interese Cultural (BIC), construída para facilitar o transporte do trigo dende Castela aos portos do Norte. Foi unha das obras de enxeñería máis importantes dos séculos X VIII- XIX que, con 3 canais, percorre as provincias de Burgos, Palencia e Valladolid, vendo unha das numerosas esclusas que conteñen para salvar o desnivel do terreo. Despois de xantar, participarán nunha visita guiada á cidade universitaria por excelencia de Palencia, cidade de ouro, facendo un percorrido pola ruta de Santa Tareixa no que se amosarán os lugares máis emblemáticos da cidade que percorreu a santa, destacando a catedral gótica de San Antolín, palacios e colexios maiores.
A viaxe, organizads por Galaecia, inclúe: autocar, comidas en ruta, pensión completa en hotel de 3*/4* en Palencia, entrada ás Idades do Home, visita guiada en Palencia, barco pola Canle de Castela, guía acompañante durante toda a viaxe e seguro de asistencia en viaxe.
Prezo/persoa (20 persoas): 199€
Prezo/persoa (40 persoas): 150€
Apúntate no Espazo +60!