Excursión en tren ao Barqueiro, Espazo +60 Ferrol
O Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza para o grupo de rutas históricas unha excursión en tren ao Barqueiro. Esta pequena e pintoresca poboación pesqueira con centos de anos de historia, situada na desembocadura do río Sor, é unha das rías máis pequenas de Galicia que separa as provincias da Coruña e Lugo. Visitarán o porto, a casa azul, a antiga ponte e as praias da zona.
Importante: levar mochila, bocadillo e bañador, por se temos oportunidade de darnos un baño.
Prezo: 9,70€ ida e volta
Apúntate no Espazo +60 antes do 22 de maio.