Excursión a Grandas de Salime e Santa Eulalia de Oscos, Espazos +60 Betanzos e Pontedeume

Os Espazos +60 Afundación de Betanzos e Pontedeume convídanvos a gozar dunha xornada inesquecible visitando Grandas de Salime e Santa Eulalia de Oscos, recoñecido como Pueblo Ejemplar de Asturias.
Durante esta excursión, coñeceredes:
-
O conxunto etnográfico de Mazonovo, onde poderedes ver en funcionamento un impresionante mazo do século XVIII, testemuño vivo da tradición siderúrxica da zona.
-
A casa natal do Marqués de Sargadelos. Unha viaxe fascinante ás orixes deste ilustre personaxe e á historia da famosa cerámica de Sargadelos.
-
Museo Etnográfico "Pepe o Ferreiro". Pecharedes o día descubrindo os oficios tradicionais e a forma de vida do occidente asturiano, nun dos museos etnográficos máis completos de Asturias.
Prezo: 50 € por persoa (grupo de 45 persoas). Inclúe entradas, xantar e autobús.
Apúntate no Espazo +60 antes do 16 de maio.