«De los cuentos a las cuentas». Teatro para escolares en Vigo
O programa de Educación Financeira organizado por ABANCA e Afundación trae para o público infantil (9 a 12 anos) a obra de teatro «De los cuentos a las cuentas», unha divertida proposta didáctica de Zarándula para enseñarlles conceptos básicos sobre finanzas.
Da man da protagonista da obra, María, viaxarán a moitos lugares distintos a través da súa imaxinación. Sen saír da súa habitación, María vive entre dous mundos, o que comanda o seu pai, unha persoa seria e práctica, e o do seu tío, loitador, soñador e aventureiro. Estraños personaxes irán saíndo ao escenario, coma o Rei Midas ou o Home do paxaro de ouro, que lle irán ensinando que ás veces os contos poden facerse realidade, só hai que esforzarse para conseguilos, desexalo moito e pór todos os medios da súa parte.
O que propoñen desde a compañía Zarándula é que soñar sae a conta. Facendo contas, conseguirás o teu soño!
Castelán. 60 min.
9 a 12 anos.
Guión: Joxe Mari Carrere e Carles García Domingo.
Dirección: Carles García Domingo.
Escenografía: Tamara Mendaza e Sonia Oliveira.
Grafismo: Polak.
Actores: Rubén García Buñuelos, María Martínez-Losa Ezquerro e Alejandro López Tejedor.
Técnica: Joxe Mari Carrete.
Produción: ZARÁNDULA Comunicación Cultural.