«Aurora», Elefante Elegante Teatro en Vigo
A Área Educativa de Afundación trae nova programación para escolares. Do 22 ao 26 de febreiro chega ao Teatro Afundación de Vigo Elefante Elegante Teatro con Aurora, dirixida aos escolares de 3 a 6 anos.
Aurora é a historia dunha curuxa á que lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece voa feliz, axita as ás e asubía coma o vento. Mais ao amencer, énchese de tristura. O sol queima a súa plumaxe e cega os seus ollos. O Aviador vai tentalo todo para axudala, mais... será posible vivir nun mundo sen sol?