English conversation, Espazo +60 Lugo
O Espazo +60 Afundación de Lugo programa, para os luns 20 e 27 de xaneiro, unha actividade gratuíta complementaria ás clases de inglés habituais, para que lle perdas o medo a manter conversas e debates en inglés e así perfeccionar a túa pronunciación.
Para poder participar na actividade, é necesario que teñas coñecementos de lingua inglesa a nivel medio (B1 - B2).
A actividade será impartida por Ligia Ashbourn, profesora nativa (nada en Reino Unido) con máis de 25 anos de experiencia como docente e tradutora.
Se se forma grupo, a actividade continuará desde febreiro ata mediados de xuño.
Prezo: 15€/mes para persoas socias Abanca e 18€/mes para persoas socias
Infórmate no Espazo +60!