O impacto de ser avoa coidadora: grupo de discusión - Espazo +60 Ourense
O Espazo +60 de Ourense acolle unha sesión participativa no marco dun Traballo de Fin de Grao en Traballo Social, centrado en analizar o impacto de ser avoa coidadora na vida cotiá das mulleres maiores.
O obxectivo principal desta investigación é comprender como inflúe o coidado habitual dos netos en aspectos como a organización do tempo, o benestar emocional e a saúde percibida.
Para iso, levarase a cabo un grupo de discusión dirixido a mulleres que sexan avoas e que exerzan ou exercesen recentemente como coidadoras habituais dos seus netos, especialmente en contextos relacionados coa conciliación familiar ou laboral.
Durante a sesión abordaranse temas como:
- O perfil e o contexto familiar
- A experiencia de coidado (frecuencia, tarefas, organización)
- A percepción do rol de avoa coidadora (motivacións, presións, expectativas familiares)
- O impacto no benestar físico e emocional, así como na vida persoal
- A organización familiar, os recursos dispoñibles e a valoración do seu papel
A participación é voluntaria e anónima, garantindo en todo momento a confidencialidade da información.
Data: Martes, 12 de maio
Horario: 11:30 a 12:45 h
Lugar: Espazo +60 Ourense (segundo andar)
Actividade gratuíta
Inscrición previa:
No Espazo +60 (988 23 63 03) ou a través do formulario en liña.