Escolares 2020-2021. "El Humor en la ópera"

ACTIVIDADES ONLINE
Todas as actividades online de teatro, agás as de inglés, irán en lingua de signos.
Ópera
Camerata Lírica de España
Castelán 60 minutos
5º e 6º de primaria
El humor en la ópera consta de tres das mellores e máis representadas óperas buffas da historia da música: Cosi Fan Tutte (Así fan todas) de Mozart, Il Barbiere di Siviglia (O barbeiro de Sevilla) de Rossini e L’ Elisir d’ Amore (O elixir do amor) de Donizetti. Unha representación áxil, amena e divertida, ao tempo que ortodoxa nas formas clásicas da ópera que nunca se deben abandonar.
ENCONTRO
O tenor e director Rodolfo Albero, despois de visionar a ópera, terá un encontro co estudantado para facer unha introdución no xénero lírico, facendo fincapé na importancia da ópera no desenvolvemento cultural da sociedade.
Para máis información ou reservas podes consultar o pdf, visitar a web escolares.afundacion.org, mandándonos un correo-e a escolares@afundacion.org ou chamando ao teléfono 986 120 089.