O eclipse de agosto e outras curiosidades - Espazo +60 Ourense
O vindeiro 15 de maio de 2026, ás 11:30 horas, o Espazo +60 de Ourense (2ª planta) acollerá a charla “O eclipse de agosto e outras curiosidades”, impartida por Carlos Criado, catedrático de Física e Química con máis de 26 anos de experiencia docente.
Trátase dunha proposta pensada para mentes curiosas, na que se abordarán conceptos astronómicos de forma clara e amena, deixando de lado os cálculos complexos. Ao longo da sesión, as persoas asistentes descubrirán como se produce un eclipse, por que existen as catro estacións, que son os solsticios e os equinoccios, así como diversas lendas e curiosidades relacionadas co universo.
A actividade é gratuíta, pero require inscrición previa a través do formulario habilitado.