• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

DIVERSA. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación, en Vigo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
DIVERSA. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación, en Vigo
  • 02-10-2025 31-01-2026 DIVERSA. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación, en Vigo Unha exposición que celebra a pluralidade como motor creativo, mostrando como a diversidade cultural, a conexión co entorno e as experiencias persoais dos e das artistas dan forma a un discurso visual contemporáneo. ¡Apúntate xá á visita guiada inaugural con Matilde Rodríguez! Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    3 OUT a 31 XAN 2026

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 h

    SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

A pluralidade como concepto central que nutre estilos, técnicas e perspectivas é a idea da que emerxe DIVERSA, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación que, despois de pasar pola nosa Sede en Santiago de Compostela, achégase agora a Vigo cunha selección das propostas máis representativas da ilustración actual. A exposición explora como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo. Convidámoste ao Teatro Afundación Vigo para descubrires unha creatividade fascinante. Do 3 de outubro ao 31 de xaneiro de 2026.

 

VISITA GUIADA INAUGURAL con Matilde Rodríguez (comisaria)
3 OUT | 19.00 h
¡Apúntate AQUÍ!

 

Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!

 

Artistas | ADOLFO SERRA (Teruel), ANA JARÉN (Sevilla), ANDREW RAE (Londres), BODIL JANE (Ámsterdam), CATALINA RODRÍGUEZ VILLAZÓN (Asturias), EMILY ELDRIDGE (EE.UU.), HARSA (Zaragoza), INÉS IGLESIAS (Salamanca), INMA HORTAS (Lugo), MARCOS COVELO (Vigo), MARÍA GRANDE (Ourense), MARÍA MEDEM (Sevilla), MARIONA CABASSA (Barcelona), MARITZA BERTOLLINI (México), REBECA LOSADA (Lugo), RICARDO CAVOLO (Salamanca), RUNE FISKER (Dinamarca), SIMON BAILLY (Francia)

 

Esta exposición reúne unha selección de obras contemporáneas cuxa base creativa é a ilustración, elaboradas con técnicas diversas que abranguen dende o gouache, a colaxe ou a cerámica ata a animación dixital. O fío condutor de todas elas é unha creatividade e unha imaxinación excepcionais, que impulsan a innovación nas linguaxes visuais.

Baixo o concepto central da pluralidade cultural e identitaria, «Diversa» presenta agora en Vigo unha mostra representativa da ilustración actual. Na súa quinta edición, a exposición explora como a diversidade cultural, a conexión coa contorna e as experiencias persoais dos e das artistas converxen para construír un discurso visual que dialoga cos grandes desafíos do noso tempo.

A mostra destaca a coexistencia de múltiples linguaxes visuais dentro da ilustración, integrando tanto técnicas tradicionais como métodos contemporáneos —dende a ilustración dixital ata composicións híbridas—, o que evidencia a capacidade desta arte para reinventarse constantemente a través de novos formatos, materiais e tecnoloxías.

O título «Diversa» reflicte a riqueza temática das obras, que abordan desde cuestións íntimas —como a identidade e os procesos emocionais— ata temas sociais, como a igualdade e a sostibilidade. A exposición eríxese así coma un reflexo da complexidade do mundo actual, promovendo a inclusión e a representatividade a través dun mosaico de personaxes, culturas e contextos vitais.

Ademais, establécese un diálogo coa biodiversidade e a natureza, explorando paralelismos entre o espazo natural e a creatividade humana. As obras reinterpretan a variedade dos ecosistemas, transformando o mundo vexetal, animal e floral en fonte de inspiración e protagonista das creacións.

«Diversa. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación» consolídase coma un espazo onde conviven tradición e vangarda, ofrecendo unha visión poliédrica da ilustración como ferramenta de expresión e reflexión na arte actual.

 

DIDÁCTICA

INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita-conto con obradoiro: “Universo Diverso”.
5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita-investigación con obradoiro: “Ilustrando un mundo diverso”.
3º ESO, BACHARELATO e C.F. | Visita guiada con obradoiro opcional: “DIVERSA. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación”.
Prezo | 2 €/participante

Máis información e reservas a través de areaeducativavigo@afundacion.org ou no 986 129 032

 

Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para te informares sobre outras actividades escénicas.

DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
DIVERSA (MiiC 5). Inauguración Compostela
Didáctica escolares DIVERSA PDF 133 KB
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078