• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Diálogos sobre Lonxevidade e Envellecemento - Coa colaboración de María Carmen Gómez Cabrera e Consuelo Borrás

Maiores Xeral Profesionais Séniors Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Diálogos sobre Lonxevidade e Envellecemento - Coa colaboración de María Carmen Gómez Cabrera e Consuelo Borrás
  • 22-06-2026 22-06-2026 Diálogos sobre Lonxevidade e Envellecemento - Coa colaboración de María Carmen Gómez Cabrera e Consuelo Borrás O exercicio como medicina: movemento, saúde e lonxevidade Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    Luns, 22 de xuño de 2026

  • Horario:

    19.00 horas

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

O exercicio como medicina: movemento, saúde e lonxevidade

Nos últimos anos, a investigación científica demostrou que o exercicio físico actúa como unha poderosa ferramenta para promover un envellecemento máis saudable, influíndo sobre sistemas clave do organismo —como o muscular, o cardiovascular ou o nervioso— e axudando a retardar moitos dos procesos de deterioración asociados á idade.

Neste diálogo, María Carmen Gómez Cabrera e Consuelo Borrás conversarán con Manuel Collado sobre a relación entre actividade física e lonxevidade saudable, para comprender por que o movemento se converteu nun dos grandes aliados da saúde ao longo da vida, abordando algunhas das preguntas máis relevantes da investigación actual:

Que ocorre no noso organismo cando deixamos de movernos? Que nos di hoxe a ciencia sobre a relación entre exercicio e benestar físico e mental? Que mitos seguen existindo sobre a dor, o exercicio físico e a actividade cotiá? Como inflúe o exercicio en aspectos menos visibles como o sono, o estado de ánimo ou a saúde cerebral? Pode o adestramento de forza converterse nunha ferramenta esencial para preservar a autonomía e a calidade de vida? Pode o exercicio transformar o funcionamento dos nosos músculos e articulacións mesmo anos despois de levar unha vida sedentaria?

APÚNTATE!

María Carmen Gómez Cabrera é catedrática de Fisioloxía na Universidade de Valencia e investigadora no Instituto de Investigación Sanitaria (INCLIVA), onde dirixe un grupo de investigación centrado na bioloxía do músculo esquelético, o metabolismo e a fisioloxía do exercicio. O seu traballo estuda os mecanismos moleculares implicados no envellecemento muscular, a sarcopenia e a fraxilidade, así como o impacto do exercicio físico sobre a saúde e a lonxevidade. Liderou proxectos nacionais e internacionais, colabora co National Institute on Aging e forma parte do comité de dirección do CIBERFES. Así mesmo, desenvolve unha intensa actividade editorial en revistas científicas especializadas en envellecemento e bioloxía redox.

Consuelo Borrás é catedrática de Fisioloxía na Universidade de Valencia e desenvolve a súa investigación no campo do envellecemento desde hai máis de dúas décadas. Os seus traballos céntranse nas bases biolóxicas do envellecemento e no deseño de estratexias de intervención orientadas a promover un envellecemento saudable, incluíndo exercicio físico, nutrición e medicina rexenerativa. Dirixiu e participou en numerosos proxectos nacionais e internacionais e conta con máis de 150 publicacións científicas en revistas de alto impacto. Formou parte de distintas sociedades científicas nacionais e internacionais vinculadas á xeriatría, á xerontoloxía e ao estrés oxidativo, e é autora do libro 100 años no es nada.

Dr. Manuel Collado é investigador científico do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC) e dirixe o seu grupo no CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela. Centrou o seu traballo no estudo da senescencia celular, o seu papel no cancro e na identificación de compostos capaces de eliminar selectivamente as células senescentes que poderían empregarse na terapia do cancro e do envellecemento.

 

DIÁLOGOS SOBRE LONXEVIDADE E ENVELLECEMENTO

Un ciclo divulgativo e científico no que da man de expertos e expertas abordaremos de maneira accesible e amena, tanto diferentes aspectos da investigación científica que nos axuden a entender mellor o envellecemento desde unha perspectiva multidimensional, como os factores cotiáns e sociais que inflúen en como vivimos e envellecemos, sobre os que podemos incidir dunha maneira directa.

 

DIÁLOGOS ANTERIORES

Accede ao primeiro diálogo: "É posible reverter o envellecemento? Pode ser o futuro da saúde?" Cos doutores Manuel Serrano e Manuel Collado
Accede ao segundo diálogo:: "Que papel xoga o sistema inmunitario no envellecemento saudable? Podemos reforzar as nosas defensas inmunitarias para envellecer con máis saúde?" Cos doutores María Mittelbrunn e Manuel Collado
Accede ao terceiro diálogo: "Pode a ciencia descubrir por que e como envellecemos? Servirá iso para ter un envellecemento máis saudable?" Cos doutores Myriam Gorospe e Manuel Collado.
Accede ao cuarto diálogo: "Cando o cerebro envellece: retos e esperanzas" Coas doutoras Ana María Cuervo e Isabel Fariñas.
Accede al quinto diálogo: "Envejecer con sentido: propósito, reconocimiento y resiliencia" Con la filósofa y profesora Anja Machielse y la dra. Sara Marsillas

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078