De nómada ao espazo, charla-coloquio con Carlos Criado - Espazo +60 Ourense
O Espazo +60 Afundación Ourense acolle unha nova sesión do ciclo de charlas sobre o Universo impartidas por Carlos Criado, profesor catedrático de Física e Química xa xubilado e socio voluntario.
Nesta ocasión, a charla propoñerá un percorrido pola historia do noso coñecemento do cosmos: dende os tempos nos que se pensaba que a Terra era plana ata o descubrimento da súa forma esférica e a comprensión de que non ocupamos o centro do universo. Ao longo da sesión tamén se abordarán os avances científicos que nos permitiron chegar á Lúa e as novas preguntas que xorden grazas á exploración espacial e ás observacións de telescopios como o Hubble ou o James Webb.
Un encontro divulgativo e participativo para achegarse á fascinante historia da exploración do Universo.
Actividade gratuíta.
Inscrición previa obrigatoria no Espazo +60 (988 23 63 03) ou mediante formulario en liña.
Prazo de inscrición: ata o 16 de marzo de 2026.