Teatro: Cyrano de Bergerac. Pontevedra
O 28 de decembro de 1897 estreábase en pleno corazón do París Teatral unha obra singular, contaba a vida dun soldado gascón, lunático e poeta, coñecido pola súa enorme protuberancia nasal... mais tamén pola súa bela poesía, pola súa facilidade de verso e polo seu afán polos doos e as pelexas. Tratábase de Cyrano de Bergerac. A obra, escrita polo mozo e ousado poeta Edmond Rostand coñeceu un éxito sen precedentes que se estende ata os nosos días. Con José Luis Gil no papel protagonista e dirixida por Alberto Castrillo-Ferrer, chega agora en versión teatral á Sede Afundación de Pontevedra o 23 de marzo.
Esta obra enmárcase na Tempada de Abonos de TEATRO Afundación 2019, coa que adquirir as túas entradas con descontos. A cultura ao alcance de todas e todos.
FICHA TÉCNICA
Autor: Edmond Rostand | Versión: Carlota Pérez Reverte e Alberto Castrillo-Ferrer | Dirección: Alberto Castrillo-Ferrer | Intérpretes: José Luis Gil, Ana Ruiz, Álex Gadea, Javier Ortiz, Carlos Heredia, Rocío Calvo, Ricardo Joven | Mestre de Esgrima: Jesús Esperanza | Música e Espazo Sonoro: David Angulo | Escenografía: Alejandro Andújar | Deseño de Luces: Nicolas Fitschel | Deseño de Vestiario: Marie-Laure Bénard | Xefa de Vestiario: Charo Jiménez Grueso Xastra en xira: Covadonga Orviz Díaz | Proxeccións, fondos e deseño gráfico: Manuel Vicente | Fotografa: Moisés Fernández | Maquillaxe: Mónica Valente Barbería: Silvia Ruiz | Asistente de Dirección e Produción: Javier Ortiz | Dirección de Produción: Sandra Avella Pereira
A OBRA
Cyrano de Bergerac teno todo: Aventura, paixón, tensión, humor, beleza, amor e desamor. É un clásico entre os clásicos e un moderno entre os modernos. O referente para o público español é Gérard Depardieu no mellor traballo da súa vida, un Cyrano que o tiña todo nos ollos, eses ollos que viran moitas cousas na vida pero que brillaban ante o amor. Así é a mirada de José Luis, amable e sabia mais tamén chispeante e esperta ante os retos que o ilusionan. Cyrano é un soño, e coma todos os soños é o único real. Esta é unha montaxe necesaria. Xorde dun lugar moi verdadeiro, meditado e apaixonado. Unha montaxe «á europea» non con grandes aparataxes escénicas, senón co luxo das ideas e a beleza das cousas sinxelas mais efectivas. Unha montaxe de actores e de texto. Todo o demais suma, mais non molesta. Unha montaxe que nos permita soñar con mosqueteiros e con amores imposibles, con descarados lances e alegres bufonadas, que o seu verso sexa música para os nosos oídos e o seu ritmo adrenalina para o corazón. Unha montaxe onde a maxia do teatro nos faga transcender dos azares da vida.
O auténtico Cyrano foi un coetáneo de Molière, unha das súas obras máis coñecidas é Viaje a la Luna polo que se considera un precursor (alá polo século XVII) da ciencia ficción. Mais Cyrano é moito máis ca unha obra ou un personaxe, é o emblema nacional galo. O home valente ata o infinito mais acovardado ante a muller que ama, o «negro» do guapo da historia, Christian, ao que escribe versos en segredo para a súa adorada Roxanne e que ten un fin tráxico e un tanto ridículo: cáelle un tronco na cabeza e logo duns minutos de delirio, morre.
Jose Luís Gil é Boris Yelnikof, un misántropo cascarrabias mais cheo de sensibilidade, que entre gargallada e gargallada é quen de virar a representación coas máis tremendas reflexións filosóficas. A complicidade co público fórxase desde os primeiros segundos, o tándem con Ana Ruiz (Roxanne) multiplica exponencialmente a química actoral. Numerosas críticas testemúñano, mais os máis de mil comentarios dos espectadores non deixan lugar a dúbidas.