Cursos de cata de viño 2016-2017
A partir de setembro podes participar dun interesante programa de cata de viño co sumiller e director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas. Poderás asistir a dúas modalidades: unha certificación de nivel básico dirixida a afeccionados que busquen unha primeira achega ao mundo do viño; e outra de nivel avanzado para profesionais do sector ou participantes no curso de nivel básico. As sedes Afundación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Compostela acollen os cursos, que finalizarán no mes de maio de 2017.
Inscríbete en Ataquilla.com, no 902 504 500 ou nas billeteiras físicas das sedes de Santiago, Vigo, Ourense e A Coruña.
O curso básico achega conceptos necesarios para aprender a interpretar e gozar o viño, ademais de desenvolver capacidades de cata. Os participantes irán coñecendo nocións sobre as variedades de uva, os climas, os solos, as diferentes formas de cultivar e elaborar o viño, o traballo en bodega, a maridaxe ou o mercado e as novas tendencias, para facerse cunha cultura vitivinícola e desenvolver a memoria sensorial.
O nivel avanzado, que se celebrará en Vigo e Santiago, está dirixido a afeccionados e profesionais que cursasen o nivel básico ou teñan formación previa neste eido. Estudarán con máis profundidade as técnicas de viticultura e enoloxía, iniciaranse na xeografía vitivinícola da península ibérica e desenvolverán as habilidades de cata, con viños das diferentes zonas de España e Portugal.
Os cursos serán impartidos, entre outros, por Juan José Figueroa, segundo clasificado no Campionato Galego de Sumilleres 2015 e titor e responsable técnico do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, e por Jorge Vila, xerente do Instituto Galego do Viño e especialista en Marketing e formación no sector vitivinícola.
Os requisitos para a obtención do certificado son:
● Asistir ás sesións presenciais do curso (10 horas).
● Superar o exame tipo test de coñecementos teóricos.
● Obter unha cualificación superior ao 40 % na cata a cegas de 1 viño. (Para nivel avanzado).
Programa
Curso nivel básico
Vigo - 29 set. a 27 out. 2016 PRAZAS ESGOTADAS! / 2 a 23 febr. 2017 / 18 mai. a 8 xuñ. 2017. Inscrícións aquí
A Coruña - 5 out. a 2 nov. 2016 PRAZAS ESGOTADAS! / 1 a 22 febr. 2017 / 3 a 31 mai. 2017. Inscrícións aquí
Lugo - 8 a 29 nov. 2016 / 7 a 28 mar. 2017. Inscrícións aquí
Ourense - 7 a 28 out. 2016 / 3 a 24 febr. 2017. Inscrícións aquí
Ferrol - 6 a 27 out. 2016 / 2 a 23 febr. 2017. Inscrícións aquí
Santiago - 3 a 24 out. 2016 / 6 a 27 febr. 2017 / 8 a 29 mai. 2017. Inscrícións aquí
Curso nivel avanzado
Vigo - 3 a 24 nov. 2016 / 6 abr. a 4 mai. 2017. Inscrícións aquí
Santiago de Compostela - 7 a 28 nov. 2016 / 3 a 24 abr. 2017. Inscrícións aquí