Curso Arte e xenio. Vivir para crear, en Vigo
A Sede Afundación de Vigo acolle os mércores do 13 de xaneiro ao 15 de xuño en horario de 18.00 a 19.30 h. o curso Historia da Arte titulado Arte e xenio. Vivir para crear. A doutora en Belas Artes Marta Riera impartirá un novo programa para todos os socios e socias do Centro de Maiores.
Programación:
Sesión 1. A beleza á luz do Neoplatonismo. Botticelli
Sesión 2. A conquista do «belo ideal» nos retratos de Rafael
Sesión 3. Perseguindo dolorosamente o sublime. Miguel Ángel
Sesión 4. Bernini: paixón, virtuosismo e escenografía
Sesión 5. O realismo tráxico en Caravaggio. Artemisia Gentileschi
Sesión 6. A alma nunha mirada: Rembrandt
Sesión 7. Instantáneas da vida cotiá: Vermeer de Delft
Sesión 8. A exaltación da natureza no Romanticismo
Sesión 9. A irmandade prerrafaelita. William Morris e Arts & Crafts
Sesión 10. Unha Eva perversa: De Moreau a Anglada Camarasa
Sesión 11. Cara a unha arte total. Secesión vienesa
Sesión 12. O pintor da vida moderna: Manet
Sesión 13. Au plein air. Impresións da natureza
Sesión 14. Mulleres na órbita do Impresionismo
Sesión 15. Impresións do mundo interior: Van Gogh, Gauguin
Sesión 16. Mattisse e as feras
Sesión 17. Formas do Expresionismo
Sesión 18. Cezanne e a súa pegada nas vangardas
Sesión 19. Lautrec e o cartelismo
Sesión 20. A arte integradora de Gaudí
Sesión 21. Binomio arte-moda: o Déco
Sesión 22. A moda ilustrada
Prezo: 45 € trimestre
Prazas: 40
Inscricións: Centro de Maiores Ronda Don Bosco, de luns a venres de 10.00 a 13.00 h., e luns e xoves de 16.30 a 19.00 h. Teléfono 986 223 337. Sede Afundación de Vigo, martes e mércores de 16.30 a 19.00 h. Teléfono 986 120 071