Cuarta etapa do Camiño Inglés, do Pazo de Montecelo a Santo Estevo de Cos, Espazo +60 Vigo
Retomamos o Camiño de Santiago Inglés, que comezamos na localidade de Ferrol o pasado mes de outubro.
O luns 28 de novembro sairemos en autobús da sede de Afundación de Vigo ás 9.00 horas e dirixirémonos cara ao pazo de Montecelo, lugar onde rematou a etapa anterior, a uns 6 km de Betanzos. Teremos unha vez máis unha etapa de fermosas paisaxes onde seguiremos alternando camiños de bosque con aldeas. Será tamén unha etapa de subidas e baixadas, con algunha puntual costa de desnivel medio, pero doadamente superable polo noso animoso grupo. Remataremos a etapa na aldea de Cos.
Prezo de cada etapa:
Adultos: 20 € (inclúe autobús, guía e seguro)
Nenos ata 18 anos: 3 €
Prazas limitadas. É preciso anotarse no Espazo+60 Afundación Vigo antes do 25 de novembro
Se tes algunha consulta, podes contactar con nós no 986 223 337/ 986 120 071 ou por correo electrónico mais60vigo@afundacion.org
Data da próxima etapa:
5.ª Etapa.- 19 de decembro