Contacontos para nenos e nenas da man de ACOUGO, en Santiago de Compostela
O 23 de abril de 2026 terá lugar en Santiago de Compostela unha sesión de contacontos da man de ACOUGO (Asociación Galega de Familias de Acollida) dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos, na Biblioteca Infantil Afundación de Frei Rosendo Salvado.
A actividade terá lugar no marco do Día Internacional do Libro, unha data moi especial para celebrar o poder das historias e o pracer de compartilas. Da man de ACOUGO, os contos cobrarán vida a través da voz dos seus narradores, que transportarán á cativada a mundos cheos de imaxinación, aventura e emoción.