Coñece o teu patrimonio - Espazo +60 Pontevedra
“Coñece o teu patrimonio” é un ciclo de rutas histórico-artísticas que convida a descubrir Pontevedra desde unha nova perspectiva, explorando como a arte e a historia foron configurando a cidade ao longo do tempo.
A través de distintos percorridos guiados, as persoas participantes poderán afondar en momentos clave do desenvolvemento urbano, social e cultural de Pontevedra:
- Predicar en pedra: unha viaxe ao gótico e ás ordes mendicantes na Pontevedra medieval, visitando a igrexa de San Francisco, as ruínas de Santo Domingo e o convento de Santa Clara.
- O poder do mar: unha aproximación á cidade portuaria a través da basílica de Santa María e a contorna do antigo porto.
- Orde e cidade: un paseo polo neoclasicismo e a vida burguesa, con paradas na Casa do Concello, a Deputación e a Alameda.
Algúns espazos visitaranse unicamente polo exterior, mais sempre con explicacións que permitirán comprender o seu valor histórico e artístico.
Luns 13, 20 e 27 de abril
Hora: 17:00 h
Prezo: 20 €
Inscrición previa obrigatoria no Espazo +60 de Pontevedra 986 864 185.
Unha oportunidade única para redescubrir a cidade e conectar co seu patrimonio dun xeito próximo e didáctico.