Programación de actividades semana 8M - Espazo +60 Ourense
Do 2 ao 6 de marzo, o Espazo +60 Ourense Afundación conmemora o Día Internacional das Mulleres (8M) cunha programación especial que pon en valor o talento, a experiencia e a historia das mulleres.
Durante a semana desenvolveranse diversas actividades que combinan diálogo, aprendizaxe e percorrido histórico:
- Charla-coloquio: Mulleres e emprego en tempos de cambio: mulleres socias do centro compartirán a súa traxectoria persoal e profesional, nun espazo para escoitar e compartir as súas experiencias e vivencias da incorporación ao mundo laboral nun momento de cambio social, poñendo en valor os retos, dificultades e logros.
- Mulleres de Ourense: un percorrido histórico guiado polo casco antigo para coñecer e recoñecer a vida e os logros de mulleres que marcaron a cidade.
- Brillantes e invisibles: As creadoras borradas da historia da arte: Ao longo da historia da arte, moitas mulleres creadoras relacionadas quedaron fóra dos libros, das coleccións e dos relatos oficiais. Nesta charla recuperaremos as súas historias, descubrindo o talento, as dificultades e as achegas de artistas que, malia a súa calidade e innovación, foron silenciadas ou minimizadas. Un percorrido para reivindicar a súa memoria e repensar a historia da arte desde unha ollada máis xusta e inclusiva.
Esta iniciativa busca reflexionar, visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres na nosa sociedade, reafirmando o compromiso do centro coa igualdade.
Inscripcións no Espazo +60 de Ourense (988 236 303) ou a través desta ligazón.